Crónica videográfica da presentación no Ateneo de Santiago de Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro, de Antón Zapata García

O Ateneo de Santiago, que nos acolleu xenerosamente e xestionou o uso do espazo da Sede Afundación (Casa Grande do Pozo. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela), vén de dispoñibilizar para o público no seu sitio web e tamén na súa canle de vídeo de youtube a gravación do acto de lanzamento do volume Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García (Edicións Fervenza, 2018), que tivo lugar o pasado 13 de xuño de 2018.

Na presentación anteceden ás miñas propias palabras as interesantes intervencións, que moito estimo e agradezo, de Pilar Sampedro, vogal do Ateneo de Santiago, e de Francisco Fernández Rei, académico da RAG.

A completa crónica videográfica, que tamén se pode ollar nesta ligazón, leva por título Presentación do libro “Dorna Saudal” de Miro Villar. Foi publicada na rede o día do solsticio de verán, 21 de xuño de 2018.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Biografía, Estudos literarios, Gravacións, Lendas e mitos, Lingua, Poesía, Presentacións, Tradicións. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Crónica videográfica da presentación no Ateneo de Santiago de Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro, de Antón Zapata García

  1. Pingback: «O mar na poesía de Antón Zapata García», artigo de Francisco Fernández Rei en Nova Ardentía, 11 (2019) | crebas.gal

  2. Pingback: «As embarcacións nos poemas de Antón Zapata García», artigo publicado en Nova Ardentía, 10 (2018) | crebas.gal

Deixa unha resposta