O esquecemento case absoluto arrodeaba a persoa e a obra de Roberto Blanco Torres (Cuntis, 1891 – San Fiz de Galez, Entrimo, 1936) cando escribín o artigo reivindicativo intitulado «Un poeta esquecido no centenário do seu nacemento. Roberto Blanco Torres (1891-1936), unha obra poética crebada polo fascismo» (A Nosa Terra, 23-I-1992). Andando o tempo, a Real Academia Galega decidiu, na súa sesión do 3 de xullo de 1998, dedicarlle o Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 1999. E daquela a editorial Xerais encargoume para a súa colección Biblioteca das Letras Galegas o estudo introdutorio e a reedición que preparei do seu único libro de poemas, Orballo da media noite (que editara Ánxel Casal en Nós, Volume XXIX. A Cruña: outono de 1929). O meu traballo xa estaba nas librarías a finais dese 1998, sendo a primeira contribución á longa serie de traballos que se publicaron sobre o escritor. Tanto é así que o volume se esgotou e hoxe só é posible atopar algún en librarías de vello.
Da súa Introdución aos poemas reproduzo deseguida os parágrafos sobre os seus últimos anos de vida. Velaquí:
En febreiro de 1936 a Frente Popular gana as eleccións, poñendo fin ao “bienio negro” coas dereitas no poder e fórmase o goberno de Azaña. Pouco despois Blanco Torres recibe o nomeamento de xefe do Gabinete de Prensa do Ministerio de Gobernación. Nunha das súas estadías na cidade madrileña participa nun acto de propaganda a prol do Estatuto de Autonomía, celebrado no Teatro Alcázar, no que F. Fernández del Riego –actual presidente da Academia Galega– falou en nome do Partido Galeguista. Sen embargo, aquel “tempo de entusiasmo”, como o definira Dieste, chegaba á súa fin. O 18 de xullo prodúcese o levantamento franquista contra o goberno democrático da República e, ben aconsellado, Roberto Blanco Torres decide retirarse discretamente ao lugar de Amido (A Peroxa), onde descansaba na compaña da súa muller. Non obstante, a represión non se detén e a mediados de setembro é localizado e detido, sendo encarcerado en Ourense. Germán, o seu irmán sacerdote, usa todas as súas influencias para conseguir que o poñan en liberdade. Así é en aparencia, como adoitaba ocorrer naquela época, pois en poñendo os pés extramuros é novamente apreixado polos falanxistas. Inicialmente é levado para o cárcere de Celanova, mais os muros da prisión que cantara Celso Emilio Ferreiro só serán o seu horizonte durante unha noite. Na mañá do día 2 de outubro apareceu o seu corpo baleado nunha gabia da parroquia de San Fiz de Gález (Entrimo), onde está soterrado. Sábese que foi “paseado” unhas horas antes de que a xente do pobo recollese o cadáver, para enterrar a semente, como diría Castelao.
O historiador Marcos Valcárcel, no prólogo á súa (re)edición de O libro dos amigos de Ramón Otero Pedrayo (Vigo: Galaxia, 1997), sinala:
As imaxes da dor e do sufrimento, da barbarie e da crueldade inútil son omnipresentes en toda a obra, pese á prudencia obrigada do momento político. A guerra é sobre todo o fracaso dos soños e das esperanzas doutrora. O escritor está a narrar a destrucción dunha xeración de idealistas: tal é o adxectivo aplicado a Blanco Torres, retratado “no calabozo, xa pertiño da morte, agardando un faiscar xeneroso”, ese faiscar que nunca chegaría para Blanco Torres, nin para Bóveda, nin para Arturo Noguerol, nin para Ánxel Casal, nin para Víctor Casas, entre moitos outros.
En efecto, tan só alguén como Otero Pedrayo podía escribir en tempos aínda ben difíciles unha digna semblanza de Roberto Blanco Torres. Velaquí os últimos parágrafos:
Un idealista inxerido en política, en home de artigo xornaleiro, ten de disfroitar e de sufrir moito cada mañá, a horas dos maitines das redaccións, e nos bohemios. Gardaba os sufrimentos e os desenganos Blanco Torres e soio lucía na conversa e estampaba no papel os trunfos e as espranzas da Doutrina. Os idealistas do xeito do noso amigo non dubidaban da bondade da natureza humana. Blanco Torres no calabozo, pertiño da morte, agardaba un faiscar xeneroso… Os desenganos, o acedo da vida, as baixas paixóns eran, na esperanza de Blanco Torres, os golpes dificultosos, as malas légoas dun camiño seguro enroitado aos cotos serenos, nos vales, e á polis da xustiza e beleza moral conqueridas. […]
Míroo —xa non voltariamos máis a falarmos— unha mañá de podente sol na rúa do Progreso, de Ourense, na hora leda de nós de vidas e proxectos axiña feitos e desfeitos dos autobuses e viaxeiros. Saía para a Peroxa. Tiña a esperanza de dirixir ben logo unha oficina de Prensa.
Foron os seus derradeiros momentos non lonxe dos fondos piñeirais das primeiras terras portuguesas. Teño enxergado despoixa con amor, respecto e lembranza aquil horizonte. Semella —era Roberto un amigo— doloroso da sorpresa dunha alma optimista diante a crueldade dos homes.
Desta maneira, perante a crueldade dos homes, remataba o alento vital de Roberto Blanco Torres, conservando aínda o mesmo espírito que levara a Francisco Luís Bernárdez a escribir nun número de Galicia de 1924: “xamais coñecín a un xornalista de ritmo tan continuo, de hipertensión cívica tan alta e tan constante”. A definición é inmellorable, pois, ademais de todas as publicacións citadas, textos da súa autoría foron reproducidos por Vida Gallega (Vigo, 1909-1938), Suevia “Revista Gallega Regionalista” (Bos Aires, 1913-1916), La Temporada en Mondariz (1888-1931), Hebe (Pontevedra, 1920-1921), Nerio (Corcubión, 1920-1921), Arazúa, “Boletín de la Asociación de la Cultura Gallega” (Montevideo, 1929), Boletín de la Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (Bos Aires, 1909-1935), Céltiga (Bos Aires, 1924-1932), Revista del Centro Gallego (Montevideo, 1925-1929), La Voz del Agro (Chantada, 1928), Galicia “Revista del Centro Gallego de Montevideo” (1929-1931), Galicia “Revista del Centro Gallego de Buenos Aires” (1926-1998), A Fouce (Bos Aires, 1926-1936), Nuevo Heraldo (A Guarda, 1934-1936), Nós (Ourense, 1920-1935), Galicia Industrial y Comercial (A Coruña, 1926-1936), Heraldo de Galicia (Ourense, 1930-1936), Raza Celta “Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo” (1934-1935), ou Cultura Gallega (A Habana, 1936-1940), entre outras.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Presentación de As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias (Compostela: mércores, 13 de febreiro, 19:30 h.)
- Artigo en QPC (LVIII): A lembranza de trece homes da Costa da Morte (e contorna) nos campos de concentración nazis
- Recensión a Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González, en Grial 220
- Artigo en QPC (LVII): A trinta anos do Álbum de Ramón Caamaño
- Recensión a Filomena Dato Muruais. A poeta das Mariñas, de Xesús Torres Regueiro, en Grial 219
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- «As embarcacións nos poemas de Antón Zapata García», artigo publicado en Nova Ardentía, 10 (2018) | crebas.gal en Crónica videográfica da presentación no Ateneo de Santiago de Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro, de Antón Zapata García
- Vicenç Llorca en Poema (XCVI): «San Andrés de Teixido», de Vicenç Llorca
- Recensión a Soneto no alfabeto, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, en Grial 218 | crebas.gal en Texto lido no lanzamento de Soneto no alfabeto, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
- As crebas » Poema (LXXXIX): «POETA (b’dedika lil Nażim Hikmet, Pablo Neruda u Federico Garcia Lorca)», de Stephen Cachia en O poeta maltés Stephen Cachia visita os territorios da Costa da Morte e a Barbanza
- Lupe Ces en Os exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez, viaxan para Castroverde e Ferrolterra
Histórico
- Febreiro 2019 (1)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta