Os insondables misterios do mundo editorial galego


O mundo editorial galego está cheo de insondables misterios que cómpre ir descubrindo. A Editorial Galaxia, toda unha referencia para nós, incluíu no seu catálogo o meu conto rimado para primeiros/as lectores/as A cobiza do verme Noel, con fermosísimas ilustracións de Marta Álvarez. E o día 30 de maio así o anunciaba no seu blogue e a min mesmo xa me enviaron algúns exemplares uns días antes. Pois ben, a día de hoxe, máis dun mes despois, o libro aínda non está distribuído en ningunha libraría, seino porque varios amigos e amigas foron mercar un exemplar para algunha crianza que coñecían. Difícil de entender este mundo editorial noso, sempre a queixarse de escasas vendas e de pouca visibilidade. Neste e noutros casos tamén habería que far un chisco de autocrítica editorial. Ou non?

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Os insondables misterios do mundo editorial galego

  1. Pingback: As crebas » Presenza no catálogo de Biblosclube

Os comentarios están pechados.