Co poema de Eduardo Pondal mentado na anterior anotación tamén ten moito que ver o soneto «O dolmen de Dombate (D-unha costume danzal celta: a roldanza)», de Antón Zapata García (Laxe, 1886 – Bos Aires, 1953), onde novamente aflora o celtismo histórico-lendario e onde se fala dunha estraña compaña, que a xente ve polas noites arredor do monumento megalítico: “baixo o craror da lúa, en roldas ben tecidas, / as celtas virxinaes bailaban a roldanza”.
Malia o evidente diálogo intertextual co poema de Eduardo Pondal, que xa se intitulaba da mesma maneira, desta volta a forma e o contido se afastan completamente e aquí o poeta de Laxe non se limita a imitar os versos do vate pontecesán, senón que se atreve cunha composición inspirada nese texto mais ben diferente.
O soneto publicouse por vez primeira na revista Céltiga, Bos Aires, nº 32, 25 de abril de 1926, precedido dunha fotografía co seguinte pé: «Lage: Dolmen de Dombate», indica «Para “Céltiga”» e reproduce en autógrafo a sinatura A. Zapata García. A revista está dixitalizada e dispoñibilizada para o público no portal do Consello da Cultura Galega, de onde tiramos a imaxe superior.
Posteriormente, unha copia mecanografada con algunhas pequenas variantes lingüísticas foille enviada a Filgueira para a súa Escolma fanada de 1936 (como se detalla en Xosé Filgueira Valverde. Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada. Estudo preliminar de Xesús Alonso Montero e edición de Ana Acuña e Xesús Alonso Montero. Pontevedra: Museo de Pontevedra, 2008). No mecanoscrito o subtítulo foi aparentemente borrado polo autor e despois da rúbrica engade «1926». Ademais, tampouco aparece na versión da revista Céltiga.
Reproducimos o poema na versión que Antón Zapata García incluíu no seu único libro, en edición de autor e imprentado na Coruña polo betanceiro Roel, A roseira da soidade (1954). Pódese ler tamén na miña tese de doutoramento , dirixida polo profesor Xesús Alonso Montero, cuxo título foi A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo, en acceso libre nesta páxina de poesiagalega.org, proxecto dirixido polo poeta e profesor Arturo Casas e no que traballa arreo o seu equipo do GAAP (Grupo Alea de Análise Poética). O traballo académico xa estaba a dispór de quen tivese interese na propia USC, aínda que nun espazo escasamente divulgado. E tamén en googlebooks, porén neste caso con moitas páxinas en branco como adoita suceder neste buscador. Velaquí:
O DOLMEN DE DOMBATE
(D-UNHA COSTUME DANZAL CELTA: A ROLDANZA)
AO sôn das graves arpas dos bardos de Briganza,
e darredor do dolmen cinguido de druídas,
baixo o craror da lúa, en roldas ben tecidas,
as celtas virxinaes bailaban a roldanza.
As súas cantareas d-arela, fide e espranza,
voaban pol-a gandra, câl pombas tremecidas;
e, brancas e lanzales, finxían margaridas
brandéndose cô sopro da bris da venturanza.
D-aqueles nobres tempos —¡ouh, dolmen de Dombate!—,
sô tí quedache ergueito, dempóis do fero embate
que os lobicóns de Roma levano ao teu solar;
mais, se de nuite a lúa tece seu albo sayo
cabo de tí, dí a xente que vái pra LAXE ou Bayo,
que vío bultos brancos ao teu redor bailar!
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez
- O nariz de Fiz, entrevista en Radio Fusión
- Artigo en QPC (LXXXIV): Os poemas a Castelao do laxés Antón Zapata García e do muxián Xervasio Paz Lestón
- O nariz de Fiz, recensión de Carme Ferreira no suplemento Elos de Lectura
- Recensión ao poemario a ganancia e a perda, de Martín Veiga, en Grial 228
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
- Feliz Idade, de Olga Novo – Club de Lectura do Porriño en Recensión a Feliz Idade, de Olga Novo, en Grial 222
- Artigo en QPC (LXXXI): Manuel Rodríguez Louro «Marrolas», do Monte Pindo a Mauthausen | crebas.gal en Artigo en QPC (LVIII): A lembranza de trece homes da Costa da Morte (e contorna) nos campos de concentración nazis
- O STEG vén de dirixirse á Consellería para que se cambie a denominación do CEIP Eugenio López de Cee, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica | crebas.gal en Artigo en QPC (LXXIII): Máis sobre a vergoñenta denominación franquista do colexio público CEIP Eugenio López, de Cee
- Artigo en QPC (LXXVI): A presenza da Costa da Morte no volume “Os restos do franquismo en Galiza” | crebas.gal en Artigo en QPC (LXXIII): Máis sobre a vergoñenta denominación franquista do colexio público CEIP Eugenio López, de Cee
Histórico
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta