Presentación do conto Non quero xogar ás agachadas coa lúa, de Estela Suárez Recouso e Héitor Picallo na Libraría Couceiro (xoves 4 de febreiro, 20:00 h.)

EstelaRecouso04
EstelaRecouso03
(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Despois de se realizar en Sigüeiro – Oroso (velaquí a nosa crónica), pois a autora Estela Suárez Recouso é natural de Trasmonte nese concello, e en Cuntis, de onde é natural o ilustrador Héitor Picallo, mañá xoves 4 de febreiro, ás 20:00 h. na compostelá Libraría Couceiro estaremos no acto de presentación do conto Non quero xogar ás agachadas coa lúa (Edicións Fervenza).
O acto contará coas intervencións de Luís Rey Villaverde, concelleiro de cultura do concello de Oroso; eu propio; a poeta e mestra Lorena Rei e finalmente Estela Suárez Recouso, autora e Héitor Picallo, ilustrador.
Para todos nós ha ser un pracer contar convosco neste encontro literario.

Esta entrada foi publicada en Banda deseñada, Contos, Infantil, Narrativa, Presentacións. Garda a ligazón permanente.