Unha das miñas bitácoras de referencia e de lectura obrigada vén sendo anoitebranca, do escritor e amigo Francisco «Chisco» Fernández Naval, que colle o seu nome dunha magnífica novela súa A noite branca (Xerais. Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do ano 2012) e que recomendo visitar a miúdo.
Nunha das súas últimas anotacións intitulada «Arou, os cantís da morte» reproduce un impresionante documento cinematográfico, tamén reproducido polo dixital Diario camariñán, tratáse da curtametraxe intitulada Falaises de la mort, do documentalista francés Ernest Alfter, co camerógrafo Juan Ruiz Romero, realizada en 1950, e que está baseada na difícil vida dos pescadores de Arou e das súas mulleres nesa altura. Como subliña Chisco, a curta que lle foi fornecida por Fernando, da confraría ou pósito de Muros, posúe un innegable valor antropolóxico e etnográfico.
Aínda que xa coñecía a curta antes de hoxe, porque fora recuperada (aquí xa se daba conta dela) polo noso amigo o antropólogo muxián Manuel Vilar, serve para unha acordanza biobibliográfica, pois o porto pesqueiro de Arou e as súas xentes xa foron do meu interese desde a mocidade e de feito son nomeados no sexto soneto do caderno «De ti e da paisaxe» da miña opera prima, o poemario Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992).
Aquí deixo novamente aqueles versos que escribín na primavera de 1990, xa van aló máis de 25 anos (que non son nada!!!)
VI
Cemiterio de ingleses, pedras que dan palabra,
dádeme unha resposta que non atopo en nada,
vós que sabedes todo, quero saber da amada
se escolleu precipicios dunha sorte macabra.
Inda que din murmurios do seu louquear de cabra
non é por máis que ela ande quizais ensimesmada
correndo espida en horas temperás da alborada,
acaso hai delito de agardar que o día abra?
Cemiterio de ingleses, vós que todo sabedes,
contade que foi dela, do seu soño arestora,
se cadra non se encontra no propio labirinto.
Disque pode vir presa no enredo dunhas redes,
mozos de Arou viñeron con pesca en mar de fóra
e trouxeron na enleada botella con precinto.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Artigo en QPC (LXVII): Lecturas costeiras: Tankas da vida salgada, de X. H. Rivadulla Corcón
- «O mar na poesía de Antón Zapata García», artigo de Francisco Fernández Rei en Nova Ardentía, 11 (2019)
- Día da Balea: Poemas de Miro Villar, Estevo Creus e Estíbaliz Espinosa
- Artigo en QPC (LXVI): Adeus ao poeta Xosé Leira López, un dos promotores das «Aulas no Camiño»
- Día da Balea: Poemas de Lucía Novás, Xosé Iglesias, Eduardo Estévez e María Lado
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- «O mar na poesía de Antón Zapata García», artigo de Francisco Fernández Rei en Nova Ardentía, 11 (2019) | crebas.gal en Crónica videográfica da presentación no Ateneo de Santiago de Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro, de Antón Zapata García
- Limiar do XX Certame Francisco Añón de Poesía | crebas.gal en Memoria Literaria (XVII): No 30 aniversario da publicación do relato «Augas de silencio» (Edicións do Castro, 1988)
- Presentación do poemario infantil Zapatos máxicos, de Fernando González Graña (venres 29 de marzo, A Estrada) | crebas.gal en Limiar (acaso innecesario) a Zapatos máxicos, de Fernando González Graña
- «As embarcacións nos poemas de Antón Zapata García», artigo publicado en Nova Ardentía, 10 (2018) | crebas.gal en Crónica videográfica da presentación no Ateneo de Santiago de Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro, de Antón Zapata García
- Vicenç Llorca en Poema (XCVI): «San Andrés de Teixido», de Vicenç Llorca
Histórico
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta