Xornada de reflexión. As lecturas das e dos alcaldables da Costa da Morte

Castelao
ManuelRivas
(Castelao e Manuel Rivas son os autores galegos máis citados)
Nos días de precampaña e campaña para os comicios locais no diario La Voz de Galicia, edición Carballo e no programa radiofónico Voces de Bergantiños de Radio Voz publicáronse e emitíronse unha serie de entrevistas coas persoas que lideraban as candidaturas na área de influencia, que vén sendo a Costa da Morte máis ou menos, ou mellor dicir as comarcas de Bergantiños (A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cerceda, Coristanco, Laxe, Malpica, Ponteceso), Soneira (Camariñas, Vimianzo e Zas) e Fisterra (Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía). Un total de 16 concellos nos que se presentan, se non fixemos mal as contas 64 alcaldables (51 homes, 79% e 13 mulleres, 20%). As entrevistas, alén de política local, incluían cuestionarios persoais, que no seu último apartado ían sobre Artes e letras.
Pois ben, fixemos un seguimento das dúas primeiras: Escritor favorito: ? / O último libro que leu: ?
De acreditarmos nas respostas (algunhas son ben dubidosas), hai varias conclusións.
As e os alcaldables compórtanse como a maioría da poboación, len máis ben pouco (algún confesa honestamente que non o fai) e cando o fan é maioritaria a lectura dos denominados best seller, por suposto, en castelán. Como era de agardar son as candidatas e os candidatos de opcións nacionalistas (BNG, Compromiso por Galicia, SON Anova) quen máis títulos e autores/as galegos citan nas súas respostas, aínda que de todo hai.
O xénero escollido é case sempre a narrativa, algo de ensaio e moi pouca poesía. Só un candidato cita o teatro en castelán de Arniches. Como queira que esta bitácora é de literatura galega esencialmente, salientarei as e os narradores ou poetas citados así como os títulos se os houber.
Narrativa:
Hai varios candidatos que citan a Manuel Rivas como escritor favorito, mais de certo que o fan como narrador, é o caso de José García Liñares (PSOE – Cerceda); Manuel Insua Insua, Lalo (PSOE – Corcubión); Mónica Rodríguez Ordóñez (IxV – Vimianzo)e Manuel Antelo Pazos (BNG – Vimianzo).
Tamén son catro os que sinalan como escritor favorito a Castelao: Jesús Deus Gende (SON – Carballo); Xan Carlos Sar Oliveira, Kuka (BNG – Fisterra); Xosé Manuel Pose Lema (BNG – Laxe) e Carlos Penedo Casmartiño (BNG – Ponteceso).
Carlos Fernández Concheiro (BNG – Muxía) para escritor favorito: Difícil, pero quizais Eduardo Blanco-Amor. Este candidato escolle a única obra en lingua portuguesa (pois Paulo Coelho sempre é lido en español) como último libro que leu: Terra sonámbula, de Mia Couto.
Evencio Ferrero (BNG – Carballo), que sinala a Saramago como escritor favorito, cita como último libro que leu: Escola de menciñeiros, de Cunqueiro.
Xosé Manuel Pose Lema (BNG – Laxe) cita como último libro que leu: Xente ao lonxe, de Eduardo Blanco-Amor.
Xoán Manoel Sande Muñiz (BNG – A Laracha) e Xan Carlos Sar Oliveira, Kuka (BNG – Fisterra) citan como último libro que leron: Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.
Margarita Lamela Louzán (PSOE – Cee) cita como escritora favorita a Rocío Leira Castro, que é do propio concello.
Rocío da Igrexa Prego (BNG – Cerceda) sinala como o último libro que leu: Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello.
Laura Mariño Taibo (BNG – Coristanco) cita como escritor favorito a José Antonio Andrade, tamén do propio concello, e como último libro que leu: O catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal.
José Manuel Pose (SON Ponteceso) escolle a literatura infanto-xuvenil para o último libro que leu: Son profe e leo tamén xuvenil: Asústate, Merche, de Fina Casalderrey.
Poesía:
O poeta Francisco Souto Barreiro, Paco Souto (BNG – Malpica) cita dous poetas galegos como escritor favorito: Avilés de Taramancos e Ferrín. E tamén escolle poesía para o último libro que leu: Terra fría, de Miguel Mato. Non se pode esquecer que Paco Souto é un dos rectores da Editorial Caldeirón que publicou o devandito título.
Ilva Carril Martínez (BNG – Camariñas) cita a Rosalía de Castro e Jesús Deus Gende (SON – Carballo) sinala como último libro que leu: Follas Novas, de Rosalía de Castro.
Xoán Manoel Sande Muñiz (BNG – A Laracha) e Xosé Ansede Estraviz (BNG – Corcubión) citan a Manuel María.
Fernando Souto Verdes, Meli, (BNG – Cabana de Bergantiños) cita como último libro que leu: Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias (poeta que, por certo, ocupa un lugar simbólico na candidatura do BNG de Cee).
Precisamente o cabeza desta formación Serxio Domínguez Louro (BNG – Cee) cita como último libros que leu: Expansión, de Suso Bahamonde e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias. Ambos e dous poetas fan parte da súa candidatura.
Ensaio:
Ilva Carril Martínez (BNG – Camariñas), sen precisar o título, sinala no último libro que leu: Un sobre a guerra irmandiña, sen precisar o título.
Xosé Ansede Estraviz (BNG – Corcubión) cita un ensaio histórico tamén como último libro que leu: Un crimen en la leyenda, Luís Lamela.
Tamén José Manuel Traba (PP – Fisterra) recorre á historia como último libro que leu: (Non di títulos) Sobre naufraxios da Costa da Morte e sobre o ataque francés a Cee en 1809.
Finalmente, velaquí a totalidade das respostas, agás algunha que non demos localizado.
A LARACHA
Eladio Verdía García (PSOE – A Laracha)
Escritor favorito: Pío Baroja / O último libro que leu: El Zahir, Paulo Coelho.
Xoán Manoel Sande Muñiz (BNG – A Laracha)
Escritor favorito: Manuel María / O último libro que leu: Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.
Antonio Antelo Añón (Terra Galega – A Laracha)
Escritor favorito: Sen localizar cuestionario. / O último libro que leu: Sen localizar cuestionario.
José Manuel López Varela (PP – A Laracha)
Escritor favorito: Miguel Delibes / O último libro que leu: Milena o el fémur más bello del mundo.
CABANA DE BERGANTIÑOS
Enrique Díaz Varela (PSOE – Cabana de Bergantiños)
Escritor favorito: García Márquez / O último libro que leu: Hombres buenos [Reverte].
Fernando Souto Verdes, Meli, (BNG – Cabana de Bergantiños)
Escritor favorito: Eduardo Galeano / O último libro que leu: Transfusión oceánica.
José Muíño Domínguez (PP – Cabana de Bergantiños)
Escritor favorito: Gabriel García Márquez / O último libro que leu: La sustancia invisible de los cielos, de Ulises Bértolo.
CAMARIÑAS
Ilva Carril Martínez (BNG – Camariñas)
Escritor favorito: Rosalía de Castro / O último libro que leu: Un sobre a guerra irmandiña.
Mauricio Aufiero (PP – Camariñas)
Escritor favorito: Ken Follet / O último libro que leu: Los pilares de la tierra.
Manuel Valeriano Alonso de León, Pichurri (PSOE – Camariñas)
Escritor favorito: Sen localizar cuestionario. / O último libro que leu: Sen localizar cuestionario.
CARBALLO
Esther Iglesias Barreiro (Compromiso x Galicia – Carballo)
Escritor favorito: Moitos. Sarah Lark / O último libro que leu: La isla de las mil fuentes.
Jesús Deus Gende (SON – Carballo)
Escritor favorito: Castelao / O último libro que leu: Follas Novas, de Rosalía de Castro.
María Carmen Vila Blanco (PSOE – Carballo)
Escritor favorito: Arturo Pérez-Reverte / O último libro que leu: La doctora Cole, de Noah Gordon.
Manuel Andrade Cristóbal (Terra Galega – Carballo)
Escritor favorito: Miguel Delibes / O último libro que leu: La tierra de las cuevas pintadas, de Jean M. Auel.
Miguel Ángel Ferreiro Suárez (PP – Carballo)
Escritor favorito: Cervantes, Vargas Llosa / O último libro que leu: A actual reforma do Código Penal. E O candidato ganador, de Xosé Manuel Lema.
Evencio Ferrero Rodríguez (BNG – Carballo)
Escritor favorito: Saramago e García Márquez / O último libro que leu: Escola de menciñeiros, de Cunqueiro.
CEE
Álvaro Fernández Durán, O Montañés, (Converxencia Galega – Cee)
Escritor favorito: Paulo Coelho / O último libro que leu: Manual de alcaldes y concejales.
Víctor Somoza Somoza (Cee – Unión Cidadá)
Escritor favorito: O teatro. Carlos Arniches / O último libro que leu: Ley General Presupuestaria.
Plácido García Insua (Ciudadanos – Cee)
Escritor favorito: Reverte / O último libro que leu: Foi un de Pérez Reverte.
Margarita Lamela Louzán (PSOE – Cee)
Escritor favorito: Rocío Leira Castro / O último libro que leu: El país que se vende.
Zaira Rodríguez Pérez (PP – Cee)
Escritor favorito: Julia Navarro / O último libro que leu: Dispara, yo ya estoy muerto.
Serxio Domínguez Louro (BNG – Cee)
Escritor favorito: García Márquez / O último libro que leu: Expansión, de Suso Bahamonde e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias.
Ramón Vigo Sambade (IxCee – Cee)
Escritor favorito: Pío Baroja / O último libro que leu: Historia de un despropósito, de Joaquín Leguina.
CERCEDA
Rocío da Igrexa Prego (BNG – Cerceda)
Escritor favorito: Eduardo Galeano, Gioconda Belli / O último libro que leu: Laura no deserto.
José García Liñares (PSOE – Cerceda)
Escritor favorito: Manolo Rivas / O último libro que leu: Un sobre temas participativos da democracia de Raúl Heras.
José Francisco Santos Regueiro (PP – Cerceda)
Escritor favorito: Sen localizar cuestionario. / O último libro que leu: Sen localizar cuestionario.
CORCUBIÓN
José Ramón Rojo (Partido Autónomo de Corcubión)
Escritor favorito: Lin moito o de Ramón y Cajal / O último libro que leu: Non me lembro.
Gema Freire Insua (PP – Corcubión)
Escritor favorito: Montalbán / Último libro que leu: El Príncipe, de Maquiavelo.
Xosé Ansede Estraviz (BNG – Corcubión)
Escritor favorito: Manuel María / O último libro que leu: Un crimen en la leyenda, Luís Lamela.
Manuel Insua Insua, Lalo (PSOE – Corcubión)
Escritor favorito: Leo moi pouco. Manuel Rivas / O último libro que leu: Hai dous anos. Un de Juanjo Millás, El mundo.
CORISTANCO
Manoli Rodríguez Pereiro (Compromiso por Galicia – Coristanco)
Escritor favorito: Camilo José Cela / O último libro que leu: Diario de Noa.
Laura Mariño Taibo (BNG – Coristanco)
Escritor favorito: José Antonio Andrade / O último libro que leu: O catecismo do labrego.
Abraham Gerpe Muñiz (PSOE – Coristanco)
Escritor favorito: Ken Follet, John Le Carré / O último libro que leu: Dedos de sangre, Michael Collins.
Amancio Lavandeira (Terra Galega – Coristanco)
Escritor favorito: Pérez Reverte. / O último libro que leu: El abuelo que saltó por la ventana y se largó.
Antonio Pensado Plágaro (PP – Coristanco)
Escritor favorito: Camilo José Cela / O último libro que leu: Non teño tempo. Non recordo.
DUMBRÍA
Manuel Barcia García (PP – Dumbría)
Escritor favorito: Montalbán / O último libro que leu: Fai moito que non leo ningún.
José Manuel Pequeño Castro (PSOE – Dumbría)
Escritor favorito: Moitos. Ernest Gombrich / O último libro que leu: Estou relendo Arquitectura y política, de Josep Maria Montaner e El asesinato de Pitágoras, de Marcos Chicot.
FISTERRA
Xan Carlos Sar Oliveira, Kuka (BNG – Fisterra)
Escritor favorito: Castelao / O último libro que leu: Contos do mar de Irlanda.
José Marcote Suárez (PSOE – Fisterra)
Escritor favorito: Leo pouco, Noah Gordon / O último libro que leu: Xa non me acordo. Libros técnicos: Nuevas tecnologías de propulsión marítima.
José Manuel Traba (PP – Fisterra)
Escritor favorito: Noah Gordon. / O último libro que leu: (Non di títulos) Sobre naufraxios da Costa da Morte e sobre o ataque francés a Cee en 1809.
Xan García Pouso (Converxencia Galega – Fisterra)
Escritor favorito: Sen localizar cuestionario. / O último libro que leu: Sen localizar cuestionario.
LAXE
Xosé Manuel Pose Lema (BNG – Laxe)
Escritor favorito: Castelao / O último libro que leu: Xente ao lonxe.
José Luis Pérez Añón (PP – Laxe)
Escritor favorito: Camilo José Cela / O último libro que leu: Los grandes misterios de la Historia.
José Manuel Mouzo Castiñeira (PSOE – Laxe)
Escritor favorito: Sen localizar cuestionario. / O último libro que leu: Sen localizar cuestionario.
MALPICA
Francisco Quiroga López, Paco de Tano (Son de Aquí Anova – Malpica)
Escritor favorito: Non teño predilectos / O último libro que leu: El caso de Harry Quebert.
Alfredo Cañizo Garrido (AIM – Malpica)
Escritor favorito: Cervantes, Coelho, Falcones / O último libro que leu: Tuareg.
Francisco Souto Barreiro, Paco Souto (BNG – Malpica)
Escritor favorito: Avilés de Taramancos, Ferrín, Sampedro, Galeano / O último libro que leu: Terra fría, de Miguel Mato.
Isabel Loureiro Varela (PSOE – Malpica)
Escritor favorito: Non teño. Gústame moito Alejandra Rodríguez, de Porno para mamás /
O último libro que leu: El asesinato de la profesora de lengua.
Eduardo Parga Veiga (PP – Malpica)
Escritor favorito: Non teño escritor favorito. / O último libro que leu: El francotirador paciente, de Arturo Pérez-Reverte.
MUXÍA
Carlos Fernández Concheiro (BNG – Muxía)
Escritor favorito: Difícil, pero quizais Eduardo Blanco-Amor / O último libro que leu: Terra sonámbula, de Mia Couto.
Manuel Fandiño Domínguez (PP – Muxía)
Escritor favorito: Sen localizar cuestionario. / O último libro que leu: Sen localizar cuestionario.
Félix Porto Serantes (PSOE – Muxía)
Escritor favorito: Sen localizar cuestionario. / O último libro que leu: Sen localizar cuestionario.
PONTECESO
Carlos Penedo Casmartiño (BNG – Ponteceso)
Escritor favorito: Leo de todo / O último libro que leu: Estou lendo a Eckhart Tole, un de Xosé Lois García, Lao-Tsé, Castelao…
José Manuel Pose (SON Ponteceso)
Escritor favorito: García Márquez / O último libro que leu: Son profe e leo tamén xuvenil: Asústate, Merche, de Fina Casalderrey.
Lois García Carballido (PSOE – Ponteceso)
Escritor favorito: Jack London / O último libro que leu: La bola de nieve. Biografía de Warren Buffett.
José Luis Fondo Aguiar (PP – Ponteceso)
Escritor favorito: Sen localizar / O último libro que leu: Sen localizar.
VIMIANZO
Javier Miñones Trillo (Compromiso por Galicia – Vimianzo)
Escritor favorito: Varios, pero leo agora o Diario de Che Guevara / O último libro que leu: Ese mesmo.
José Manuel Rodríguez, Roque (Terra Galega – Vimianzo)
Escritor favorito: Ningún en concreto / O último libro que leu: Candidato ganador, de Xosé Manuel Lema.
Mónica Rodríguez Ordóñez (IxV – Vimianzo)
Escritor favorito: Manuel Rivas / O último libro que leu: Rebelión en la granja.
Paula Mouzo Maceiras (PSOE – Vimianzo)
Escritor favorito: Dan Brown / O último libro que leu: La jungla de los listos, de Miguel Ángel Revilla.
Raquel Rodríguez Amigo (PP – Vimianzo)
Escritor favorito: Ken Follet / O último libro que leu: Los pilares de la tierra.
Manuel Antelo Pazos (BNG – Vimianzo)
Escritor favorito: Manuel Rivas, que ten casa en Vimianzo. / O último libro que leu: Los dados trucados de Dios, de Juanjo Ruíz, que tiven que presentar.
ZAS
José David Gómez Brandariz (Partido Popular – Zas)
Escritor favorito: Mario Vargas Llosa / O último libro que leu: El viejo y el mar.
Manuel Muíño Espasandín (BNG – Zas)
Escritor favorito: Moitos. Vargas Llosa / O último libro que leu: Yo, mi, me… contigo, de Safier.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Historia, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Xornada de reflexión. As lecturas das e dos alcaldables da Costa da Morte

  1. Modesto di:

    Dá bastante que pensar…hehe

Os comentarios están pechados.