Candidatos a alcaldes na Costa da Morte imputados por corrupción

Imputados
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Fágome eco nesta breve anotación da denuncia que me fan chegar desde o Foro Social da Costa da Morte. Tres dos candidatos do Partido Popular a seren alcaldes na Costa da Morte (Carnota, Coristanco e Fisterra) están imputados por “presuntos” delitos de corrupción. E o presidente Núñez Feijóo aínda ten coraxe para falar no Parlamento de Galicia de medidas de rexeneración democrática!
A estes tres elementos habería que lle engadir o candidato de IxCee, que tamén o está no entramado da denominada Operación Orquestra, aínda sen resolver pola lentitude da xustiza.

Esta entrada foi publicada en Manifestos. Garda a ligazón permanente.