A pantasma da casa da Matanza na listaxe de libros finalistas dos Premios AELG 2014


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
A AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) vén de me comunicar que o conto rimado A pantasma da casa da Matanza, con ilustracións de Xosé Cobas, figura na listaxe de libros finalistas dos Premios da AELG 2014, en concreto na categoría de Literatura Infanto-xuvenil, xunto a outros dous libros de autores que leo e respecto moito: A illa de todas as illas (Xerais), de Xabier P. DoCampo e Todos somos (Xerais), de Marcos Calveiro.
A nova publicouse en varios medios como o dixital Sermos Galiza, alén da propia páxina da aelg.org, da que reproduzo deseguida a mención totalidade dos finalistas:
Premios AELG 2014. Gala das Letras
Coa Gala das Letras a AELG continúa perseguindo o obxectivo de seguir presentes, visibles, convocando a cidadanía nunha cita anual ao redor da nosa literatura última, esa que é unha regalía e fai bailar os ollos de orgullo.
Os socios e socias da AELG xa escolleron as obras finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2013 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados-as de Gálix e do Colexio de Xornalistas respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o sábado 3 de maio no Teatro Principal do Concello de Pontevedra.
Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:
Blog Literario
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
Criticalia, de Armando Requeixo
Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández
Ensaio
A revolución non vai ser televisada (Euseino? Editores) de Rebeca Baceiredo
Estilística da Lingua Galega (Xerais) de Xosé Ramón Freixeiro Mato
Feminismos (Xerais) de Olga Castro e María Reimóndez
Literatura Infanto-xuvenil
A illa de todas as illas (Xerais), de Xabier P. DoCampo
A pantasma da casa da Matanza (Biblos), de Miro Villar
Todos somos (Xerais), de Marcos Calveiro
Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013
Ana Romaní
Carme Vidal
Fran P. Lorenzo
Iago Martínez
Montse Dopico
Narrativa
A lúa da colleita (Galaxia), de Anxos Sumai
A memoria da choiva (Xerais), de Pedro Feijoo
O derradeiro libro de Emma Olsen (Galaxia) de Berta Dávila
Poesía
Habitación do asombro (Espiral Maior), de Miguel Anxo Fernán-Vello
Ningún precipicio (Toxosoutos), de Olalla Cociña
Raíz da fenda (Xerais), de Berta Dávila
Sobre ruínas (Alvarellos Editora), de Xesús Rábade Paredes
Teatro
Isóbaras (Xerais / Xunta de Galicia) de Gustavo Pernas
O refugallo (Xerais / Xunta de Galicia), de Paula Carballeira
Obras Completas (Vols. I, II e III) (Positivas), de Roberto Vidal Bolaño
Tradución
Desgastei cadeas estrañándote (Espiral Maior), de Ahmed Arif, traducido por Pepa Baamonde e Irfan Güler
Ulises (Galaxia), de James Joyce, na tradución de Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo
Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción, (Vicens Vives), de  VV. AA., en tradución de Alejandro Tobar

Esta entrada foi publicada en Contos, Ensaio, Estudos literarios, Lingua, Narrativa, Poesía, Premios, Teatro. Garda a ligazón permanente.