A pantasma da casa da Matanza na Radiocrítica de Armando Requeixo



(Armando Requeixo. Foto de Xoán Álvarez, tirada do dixital letraenobras)
O profesor e crítico Armando Requeixo publicita adoito na súa bitácora criticalia un microespazo denominado Radiocrítica, emitido en Ames Radio (107.2 FM, tamén on line neste enderezo), no que fai un repaso das novidades literarias.
Na Radiocrítica emitida o luns día 17 de marzo en Ames Radio dialoga coa xornalista e condutora do programa Nazaret López sobre o conto rimado da miña autoría A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013) con ilustracións de Xosé Cobas.
Pódese escoitar nesta ligazón (vai entre o minutado 00:37 a 4:45). De seguirdes na escoita tamén se fala do poemario Paisaxes de pan, de Ánxela Gracián; do catálogo de fotos Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica e do libro de viaxes Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas.
Boa escoita!

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil, Narrativa, Poesía, Radio, Recensións. Garda a ligazón permanente.