A pantasma da casa da Matanza na Tabela dos Libros da bitácora Criticalia


(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Antonte Criticalia, a bitácora do crítico e profesor Armando Requeixo, daba a coñecer a súa «Tabela dos Libros» correspondente ao mes de febreiro do 2014. Nela figuran seleccionados os volumes que os críticos Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e o propio Requeixo estiman como os máis recomendables dos publicados nas últimas semanas.
E entre as propostas de Armando Requeixo figura en cuarto lugar o meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013), ilustrado por Xosé Cobas. Beizóns!
Todas as propostas de febreiro poden consultarse nesta ligazón.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.