O exemplar asinado do conto A pantasma da casa da Matanza foise coas «Follas Novas» para Moaña



(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Finalmente concluíu o prazo para participardes no sorteo dese exemplar asinado do meu conto rimado A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013), ilustrado por Xosé Cobas.
Unha convocatoria que naceu como promoción da lectura na nosa lingua, contra a crise (que o é tamén do libro) e para celebrarmos que esta bitácora chegara até as 770 anotacións desde que naceu.
Había que lle dar axeitada resposta a esta sinxela pregunta:
O poema de Rosalía de Castro adoito coñecido como «Negra sombra» a que libro pertence?
a) Cantares Gallegos (1863)
b) Follas Novas (1880)
c) En las orillas del Sar (1884)
d) Queixumes dos pinos (1886)
e) Con pólvora e magnolias (1976)
E as respostas debían enviarse como comentario na propia anotación do blogue crebas.gal
ou nun chío dirixido á miña conta de twitter @MiroVillar.
A resposta axeitada era, como non, Follas Novas (1880) e houbo cinco persoas que atinaron: tres nun chío dirixido á conta de twitter @MiroVillar e dúas que o fixeron como comentario na propia anotación do blogue crebas.gal
Ben quixera que todas recibisen exemplares do conto A pantasma da casa da Matanza mais non era posible e, coa axuda de Mar Cabaneiro, foi sorteado un exemplar entre todas as respostas atinadas. Ese exemplar leva a sinatura do autor e unha agarimosa dedicatoria especial para quen o gañador ou gañadora sinalase e esa persoa foi:
@mrfervenza (Miguel R. Fervenza, de Moaña)
Obrigado, moitas grazas a todas as persoas que participaron no sorteo.
E moitos parabéns á persoa premiada e a gozardes coa lectura tamén neste 2014!

Esta entrada foi publicada en Arte, Contos, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a O exemplar asinado do conto A pantasma da casa da Matanza foise coas «Follas Novas» para Moaña

  1. Moitas grazas, Miro. Lereino co mesmo agarimo.

Os comentarios están pechados.