Moitas, moitas grazas e obrigado


(“Por que comecei a escribir?”. Entrevista gravada en 2007 na Igrexa de San Domingos de Bonaval, espazo cedido daquela polo Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela. Videoteca da AELG)
Moitas, moitas grazas e obrigado a todas aquelas persoas que me fixestes chegar a vosa solidariedade fronte á miña exclusión da Feira do Libro de Cee, ben a través do correo electrónico, de palabra ou do teléfono. Obrigado tamén ao poeta fisterrán Modesto Fraga polas agarimosas palabras na súa páxina, ao Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte polo seu apoio nos medios, que non reproduzo porque o seu comunicado non saíu nas edicións dixitais, e tamén aos escasos medios que publicaron os meus artigos de opinión: a edición de Carballo de La Voz de Galicia, aquí e aló, e o xornal dixital Que pasa na Costa, tamén aquí e aló. Saúde e poesía para todos.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.