Polo Monte Pindo Parque Natural, «vamos a andar / con todas las banderas» o vindeiro sábado 28. Eu vou


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

(«Vamos a andar», Silvio Rodríguez, con Santiago Feliú. Concerto celebrado na Escalinata da Universidade de La Habana no ano 1985)
Reproduzo a convocatoria e o cartaz que me fan chegar as compañeiras e os compañeiros da Asociación Monte Pindo Parque Natural, na que «vamos a andar / con todas las banderas», como di a fermosa canción «Vamos a andar» do disco Rabo de nube (1978) de Silvio Rodríguez, que me acompañou desde a mocidade, pois eu -non coma outros blogueiros– quero bandeiras estreleiras (con moitos anos de historia), verdes, negras, lilás, tricolores, do arco da vella… todas con @montepindo.
sábado, 28 de setembro de 2013
11:00 – 13:00 en UTC+02
Probabilidade de chuvia 19 °C / 15 °C
Queremos devolverlle o verde ao Monte Pindo. O sábado 28 de setembro de 2013, dúas “marchas verdes” partirán simultáneamente ás 11:00 horas desde a Praza da Solaina (O Pindo, Carnota) e do Supermercado As Cruces (Caldebarcos, Carnota) para encontrarse finalmente en San Cibrán. Traede algo de cor verde (roupa, bandeiras…) para devolvermos entre todos a vida a onde hoxe só hai morte, cinzas e desolación.
«Vamos a andar»
Vamos a andar,
en verso y vida tintos,
levantando el recinto
del pan y la verdad.
Vamos a andar,
matando al egoísmo,
para que por lo mismo,
reviva la amistad.
Vamos a andar,
hundiendo al poderoso,
alzando al perezoso,
sumando a los demás.
Vamos a andar,
con todas las banderas
trenzadas, de manera
que no haya soledad.
Que no haya soledad,
que no haya soledad,
que no haya soledad.
Vamos a andar
para llegar
a la vida.
Letra e música: Silvio Rodríguez

Esta entrada foi publicada en Manifestos, Música, Poesía, Política, Roteiros. Garda a ligazón permanente.