E o vindeiro venres 27 unha contada na Biblioteca Municipal «Rosalía de Castro» de Arzúa


O vindeiro venres, 27 de setembro, ás 17,00 horas na Biblioteca Municipal «Rosalía de Castro» de Arzúa darei remate á miña participación na campaña de animación á lectura enmarcada dentro do programa «Ler conta moito» artellado pola Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na que colaboran os concellos e que xa me levou a PontevedraValgaRibeiraCee e Carnota.
Nenas e nenos, e maiores que lles fagan compaña, poderán asistir á narración oral e lectura comentada con proxeccións dos debuxos de tres contos rimados da miña autoría: Carlota e a gaivota patiamarela, a través das ilustracións de Enjamio, sobre a desfeita dunha marea negra; Rebelión na charca, narrado a través das ilustracións de Ana Santiso, unha fábula sobre a prepotencia, a soberbia e o abuso de poder, e, finalmente, A cobiza do verme Noel, a través das ilustracións realizadas por Marta Álvarez Miguéns, sobre a maldade de atesourar todo sen partillar nada cos demais.

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.