«Plutonian Ode» de Allen Ginsberg na súa propia voz


Hoxe fai 68 anos da atrocidade da bomba atómica sobre Hiroshima que sucedeu o 6 de agosto de 1945, da que xa falamos aquí. E en breve tamén será o aniversario da bomba sobre Nagasaki. Desta volta para lembrar a data reproducimos un fragmento de «Plutonian Ode», un filme de Owen Plotkin, que serve de marco para a lectura do poema do mesmo título do poeta beatnik Allen Ginsberg na súa propia voz.
A gravación de «Plutonian Ode» de Allen Ginsberg é do 25 de xullo do 1987 e foi realizada por Jack Kerouac School of Disembodied Poetics. Nesta ligazón pódese ler o texto completo orixinal. Hai versión ao español publicada co título Ginsberg. Oda plutoniana. Allen Ginsberg. Tradución de Antonio Resines (Visor, 2008). E o músico Philip Glass gravou a súa Symphony 6 baseada no poema.

Esta entrada foi publicada en Cinema, Documental, Historia, Música, Poesía, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.