Galiza non é unha mina! Manifestación nacional contra a minaría salvaxe (Compostela, 2 de xuño, 12 h.)



(Convocatoria da manifestación e debuxo de Luís Davila “O Bichero”. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
ContraMINAcción (Rede contra a minaría destrutiva na Galiza) convoca unha manifestación nacional mañá, domingo 2 de xuño, para frear a minaría salvaxe promovida pola Xunta, que partirá ás 12:00 horas da Alameda.
Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.
Velaquí nesta ligazón moitas razón para nos manifestar. E alí habemos andar!

Esta entrada foi publicada en Manifestos. Garda a ligazón permanente.