Volume I das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño nas «Recomendacións Á Lus» da bitácora da libraría Á lus do candil (Arteixo)


O venres, 1 de marzo, a libraría Á lus do candil (Arteixo), do amigo poeta fisterrán Modesto Fraga e a súa compañeira Alba, acolleu a presentación ou lanzamento do meu libro de poemas Breizh (Toxosoutos, 2012), como xa se contou nesta crónica, nun acto ao que asistiron arredor de trinta persoas, para escoitar as palabras do profesor e escritor Xosé María Lema Suarez, autor do limiar, e a min propio.
Ao remate do acto pedíronme que gravase unha recomendación literaria para inserir na páxina da libraría durante o mes de maio. Escollín o Volume I das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño (nestes días vén de saír o segundo tomo), que publica Edicións Positivas e que inclúe seis pezas que tiven o pracer de ver representadas: Integral, Animaliños, Anxeliños!, Criaturas, Rastros e Saxo Tenor, en edición preparada polo amigo Xosé Manuel Fernández Castro.
Alén de reproducir o video na canle youtube, tamén se pode visionar na sección «Recomendacións Á Lus» da bitácora da libraría Á lus do candil.

Esta entrada foi publicada en Gravacións, Poesía, Presentacións, Teatro. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Volume I das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño nas «Recomendacións Á Lus» da bitácora da libraría Á lus do candil (Arteixo)

  1. alusdocandil di:

    Mil grazas, Miro! Apertas fondas.

Os comentarios están pechados.