Galician Books for Children and Young Adults 2013


(Recensión a Patente de corso. Pequeno dicionario pirata de meu irmán Rafa Vilar no Galician Books for Children and Young Adults 2013. Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Esta semana foi presentado o catálogo trilingüe Galician Books for Children and Young Adults 2013, editado por GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) co subsidio da Consellaría de Cultura.
Este catálogo, de elaboración anual, ten vocación de ser un escaparate mundial das publicacións infantís e xuvenís en galego. E tal e como sucedía na anterior edición, da que falamos aquí, as autoras e autores da Costa da Morte teñen moita presenza, o que demostra que continuamos a ser unha potencia en literatura infantil.
Entre as obras que recolle o catálogo (pódese ler completo nesta ligazón) temos:
Acuario (Edicións Embora), de María Canosa (Cee, 1978)
Xiana, a nena pirata (Everest Galicia), de María Canosa (Cee, 1978)
Patente de corso. Pequeno dicionario pirata (Edicións Embora), de Rafa Vilar (Cee, 1968)
Catuxa quere saber (Everest Galicia), de Concha Blanco (Lires-Cee, 1950)
Misterio resolto (Everest Galicia), de Concha Blanco (Lires-Cee, 1950)
E tamén unha autora fondamente vencellada a Toba-Cee, malia ser madrileña de berce:
A vaca caníbal (Galaxia), de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947)
E por último o ilustrador Rubén Prieto Tomé (Cee, 1985) http://rubenson.eu/ autor dos debuxos en:
Carta urxente para Máximo Toxo (Galaxia), do moañés Diego Rey Núnez, que é actor na compañía ceense Talía teatro.

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil, Poesía. Garda a ligazón permanente.