Ferrín non debe deixar a presidencia da RAG


Chega á miña caixa de correo unha iniciativa da sociedade civil, visibilizada pola profesora de lingua e literatura Mónica Martínez Baleirón, para solicitarmos a continuidade de Xosé Luís Méndez Ferrín como presidente da Real Academia Galega (RAG).
Non só académicos e académicas, como informa o dixital Sermos Galiza, defenden a súa permanencia como membro numerario e como presidente da institución.
Velaquí o singular contido da convocatoria, que animamos a secundar:
Compañeir@s, xa sei que esta é unha proposta desesperada. Tendo en conta como están as cousas, se cadra son moi ilusa pensando que poidamos cambiar algo. En calquera caso, se opinades que Ferrín debería quedar na Academia para contribuír a manter unha postura inquebrantable na defensa do proceso de normalización do noso idioma, bombardeádelle o correo electrónico á RAG para pedir que Ferrín non abandone.
secretaria@realacademiagalega.org
 

Esta entrada foi publicada en Historia, Lingua, Manifestos. Garda a ligazón permanente.