A xente da cultura reclama a reapertura do Museo da Pesca de Fisterra



(Reprodución das dez mini-entrevistas publicadas por La Voz de Galicia, edición de Carballo. Premer na imaxe para unha mellor lectura)
Unha reportaxe a dobre páxina do xornalista Juan Ventura Lado recolle na prensa comarcal o noso sentir baixo o epígrafe «A xente da cultura reclama a reapertura do Museo da Pesca». En efecto, dez persoas do mundo da cultura na Costa da Morte realizamos, con diferentes argumentos, malia existiren moitas coincidencias (como a de sinalar a mestría do poeta Alexandre Nerium, un dos guías agora en paro), manifestacións de apoio ao labor desenvolvido polo Museo da Pesca de Fisterra, recoñecido internacionalmente, e que despois deste verán pechou as portas, con escasas expectativas de reapertura inmediata, perante a pasividade do Concello de Fisterra, a Deputación de A Coruña e os distintos departamentos (Arquivos e Museos, Patrimonio, Cultura…) da Xunta de Galicia.
A reportaxe de Juan Ventura Lado publicouse este domindo, 6 de xaneiro, nas páxinas centrais da edición de Carballo de La Voz de Galicia. Nas imaxes que anteceden a esta anotación reproducimos as mini-entrevistas que acompañan a crónica en papel (cuxo contido está restrinxido na edición dixital a pagamento e aos seus subscritores).
Por orde de aparición pódense ler a miña propia opinión e as de Xosé María Lema Suárez, de Xan Fernández Carrera, de X. H. Rivadulla Corcón, de Francisco “Chisco” Fernández Naval, de Marilar Aleixandre, de Luís Rei Núñez, de Manuel Vilar, de Concha Blanco e de Manuel Suárez.

Esta entrada foi publicada en Manifestos. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “A xente da cultura reclama a reapertura do Museo da Pesca de Fisterra

  1. Pingback: As crebas » Poemas (LV): «Cabo do mundo», de Jenaro Talens

Os comentarios están pechados.