Santos e Defuntos na lingua de nós


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Hoxe, Día de Santos, que antecede a mañá Defuntos no calendario cristián que nos goberna, reproduzo nesta bitácora unha lápida na nosa lingua que representa a ese escaso 1% que seica escolleu perpetuar a derradeira vontade en galego.
A imaxe tireina no cemiterio de Moraime o pasado sábado, día 7 de xullo, no roteiro organizado polo Concello de Muxía, do que falamos aquí e que nos levou desde a vila mariñeira até o mosteiro de Moraime, con dous guías de excepción: Xan Fernández Carrera e Manuel Vilar.
Moito haberá que mudar. E campañas como esta que desenvolveu estes días o Servizo Muncipal de Normalización Lingüística do Concello de Carballo son de moito estimar e agradecer.

Esta entrada foi publicada en Historia, Lingua, Tradicións. Garda a ligazón permanente.