Cinema (I): Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe

Todos vós sodes capitáns / Vous êtes tous des capitaines from Quinzaine des Réalisateurs on Vimeo.

Pódese falar de “cinema galego” da mesma maneira que falamos de “literatura Galega”? Para min é unha pregunta de díficil resposta e sempre saio con esa dúbida despois de ollar algunha película que se presenta con esa etiqueta. A fita Todos vós sodes capitáns, de Zeitun Films, (velaquí outro trailer máis) de Oliver Laxe narra a historia dun novo cineasta europeo (protagonizado polo propio director) que realiza unha película con menores acollidos nun centro en Tánger (Marrocos). Na rodaxe prodúcese un diálogo entre os heterodoxos métodos de traballo do director e os nenos, cuxa participación fai transformar de maneira radical o desenvolvemento do proxecto inicial. Velaí a fermosa metáfora do título, mais hei de recoñecer que saín un pisco desorientado da sala. En calquera caso, cinema diferente, para ollar, mais cinema galego? A película está rodada en francés, obviamente, e aquí púidose ollar con subtítulos ou lendas en galego. E o seu director Oliver Laxe reivíndicase como galego fillo de emigrantes neste programa da RTVG, onde tamén fai reflexións interesantes sobre o devandito concepto ou sobre a emigración.

Esta entrada foi publicada en Cinema, Poesía. Garda a ligazón permanente.