Curtametraxe sobre o quecemento global da atmosfera


(Fonte: medioambiente.org)
A seca deste inverno e a abafante calor destes días (aquí entre nós aínda aturable, moito máis ardente na meseta ou no sur da península) sempre fai cavilar sobre o que se denomina “quecemento global da atmosfera”.
A asociación non gobernamental Green Thing realiza vídeos imaxinativos e intelixentes para concienciar a poboación mundial sobre o cambio climático e sobre a necesidade de artellarmos políticas medioambientais de sostenibilidade. Esta curtametraxe (de só 2’15) foi escrita por John Kelly e Jesper Varlen, producida por Irresistible Films, con música de Michael Mertens (www.escaperoute.de), fotografías de Iain Grant e a narración do actor, director e escritor Daniel Lapaine. Fermosura de mensaxe.

Esta entrada foi publicada en Cinema, Documental, Fotografía, Música. Garda a ligazón permanente.