Eduardo Galeano tamén contra a explotación dunha mina de ouro con lixiviado de cianuro en Corcoesto (Cabana de Bergantiños)


(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
A pasada semana lembramos nesta anotación que a paisaxe de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) está ameazada pola explotación dunha mina de ouro a ceo aberto. E falamos dunha plataforma ambientalista artellada contra esta desfeita, cuxa iniciativa aínda se pode asinar neste actuable.
Hoxe facemos chegar o noso agradecemento e parabenizamos ao escritor Eduardo Galeano porque na súa recente estadía no noso País tivo a ben amosar a solidariedade coa devandita solicitude de paralización da explotación mineira. Velaí o testemuño gráfico, vía Miguel Pardo de prazapública.

Esta entrada foi publicada en Manifestos. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Eduardo Galeano tamén contra a explotación dunha mina de ouro con lixiviado de cianuro en Corcoesto (Cabana de Bergantiños)

  1. CarmenB di:

    Suscribo totalmente el comentario de Paco. Mi agradecimiento a toda la gente que nos apoya.
    Defendemos nuestra maravillosa aldea (aquella en la que estamos orgullosos de haber nacido), el medioambiente (nuestros pinares, nuestros ríos, nuestras fuentes, nuestras aguas), nuestras tierras y nuestros montes (heredados de nuestros mayores, quienes llegaron a ellas con gran esfuerzo), nuestras casas (más o menos humildes, que intentamos mantener en el mejor estado posible) y nuestros mayores (la idea de este Proyecto les crea un enorme desasosiego e intranquilidad, lo cual acaba afectando a su salud).
    Saludos.

  2. paco di:

    Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo. así nos encontramos as xentes desta fermosa parroquia chamada Corcoesto, un día demos o paso para loitar contra esta desfeita ecolóxica, social e económica que destruirá o presente e futuro da nosa vila, o camiño da loita e largo pero toda longa camiñada comenza con un so paso. Necesitamos o apoio de todos aqueles que se sensibilizan ca causa para parar esta catástrofe medioambiental.

Os comentarios están pechados.