A perversión da lingua: «resgate» non é unha palabra fea


O amigo filólogo Nel Vidal, técnico do Servizo Normalización Lingüística no Concello de Carballo e presidente da CTNL, afirma nun chío no seu twitter que «resgate» é unha palabra fea. Eu, como poeta, non creo que ningunha palabra sexa fea en si mesma e ningunha lingua tampouco, nin sequera a alemá da chanceleira Merkel. Fea é sempre a utilización que se pode facer das palabras, perversa no caso de «resgate».
Isto fíxome lembrar unha curta de animación que ollei na rede, realizada grazas a uns nenos e nenas lisboetas, cando se lles preguntou por esa palabra. Da mesma maneira ca eles, tamén eu quero que veñan ao meu «resgate» os extraterrestres. Velaí.

Esta entrada foi publicada en Banda deseñada, Historia, Lingua. Garda a ligazón permanente.