A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade). Outras crónicas da presentación



(Outra imaxe da presentación, na que fala Rivadulla Corcón, a quen acompañan de esquerda a dereita, Manuel Bragado, Ramón Nicolás e Suso Sambade. A fotografía tamén é de Viki Rivadulla, secretaria da Fundación. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Nunha anterior anotación xa fixen a miña crónica persoal do importante acto literario organizado pola Fundación López Abente o pasado sábado, día 26 de maio, na Biblioteca Municipal de Muxía, a presentación do volume A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, en edición literaria do profesor muxián Xesús Sambade e que se inclúe na prestixiosa colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais.
Deseguida compilamos outras crónicas sobre a xornada, principiando por dúas persoas que tamñen participaron na presentación do volume:
Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, faino na súa bitácora brétemas.
E o profesor e crítico literario Ramón Nicolás, no seu cadernodacrítica.
E a propia Edicións Xerais recolle estas dúas e a miña no seu blogue.
Na prensa de ámbito galego, Carme Vidal, directora do dixital sermosgaliza (que axiña sairá tamén en papel como semanario) escribe un artigo intitulado «Tras a pegada dun gran poeta do mar».
Na prensa comarcal, Eduardo Eiroa fai a crónica que reproducimos na imaxe (pois La Voz de Galicia restrinxe moitos contidos só aos seus subscritores) na edición de Carballo.
Alberto Pose fai unha ampla crónica para o dixital compásdacosta e Ubaldo Cerqueiro outra máis breve para o dixital quepasanacosta.

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Narrativa, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade). Outras crónicas da presentación

  1. Pingback: As crebas » A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente (edición de Suso Sambade) no programa «Zigzag Diario» da tvG2

Os comentarios están pechados.