Recensión do poemario AS CREBAS na Radio Galega


Adoito escoitar moitas tardes cando conduzo o Diario Cultural da Radio Galega, que dirixe a poeta Ana Romaní, mais non o fago todos os días. E esta tarde o amigo Xosé Manuel Lobato avisoume de que o poemario As crebas fora obxecto da recensión da crítica e profesora María Xesús Nogueira (na foto), así que tiven facer uso da “radio á carta” e escoitei na rede as palabras exactas sobre os poemas da miña autoría. Escoitade todo o programa aquí, mais a recensión vai do minuto 46:00 ao 53:00, e de continuardes aínda poderedes escoitar a lectura dun poema magnífico de Xosé Mª Álvarez Cáccamo.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Recensións. Garda a ligazón permanente.