Poemas (V): Memoria de la nieve, de Julio Llamazares


(Fotografía de J. Casares, Galicia Hoxe)
Onte rematei a lectura do libro de contos Tanta pasión para nada, de Julio Llamazares, que me interesou desde o relato inicial “El penalti de Djukic” (que me trouxo o recordo daquel partido de fútbol no que o Deportivo perdeu unha liga no derradeiro minuto e eu non me alegrei malia ser desde a miña infancia seareiro do Celta de Vigo, que na súa web dá opción para a lingua galega, algo que os coruñeses non fan). Hai relatos sobre a posguerra, sobre amores perdidos, sobre misterios e desaparicións, metaliterarios como “Un cuento de encargo” ou “Historia del hombre que quiso parar el mundo”, todos preñados de melancolía. Son lector voraz da obra de Llamazares, porén prefiro a súa poesía (escasa mais imprescindible) que compilou o ano pasado no volume Versos y ortigas (Poesía 1973-2008). Velaquí o poema 22 de Memoria de la nieve, un dos seus primeiros libros (Colección Cántico. Consejo General de Castilla y León, 1982. IV Premio “Jorge Guillén”).
22
La nieve está en mi corazón como el silencio en las habitaciones de los balnearios: densa y profunda, indestructible.
La nieve está en mi corazón como la hiedra de la muerte en las habitaciones donde nacimos.
Y el tiempo huye de mí con un crujido dulce de zarzales.
Nieva implacablemente sobre los páramos de mi memoria. Es ya noche entre los blancos cercados.
Cuando amanezca, será ya siempre invierno.

Esta entrada foi publicada en Contos, Poesía. Garda a ligazón permanente.