«La Revelación» de Leo Bassi, da representación ao libro


(Velaquí un dos extractos da obra La Revelación de Leo Bassi que se poden atopar na canle youtube. Logo dunha longa peregrinación polo deserto, Moisés e o Pobo Elexido chegan á terra prometida, mais… xa está ocupada! Actuación na Casa de Cultura de Mutxamel (Alacante) o 10 de novembro do 2007).
Ao fío de todo o rebumbio argallado pola presenza do pallaso Leo Bassi en Compostela, debido sobre todo á censura do alcalde santiagués Conde Roa (ou Roba?), os composteláns gozaron onte, e a xente da Costa da Morte poderá aínda mañá sábado nun festival de solidariedade con Palestina, do humor ácido e crítico deste bufón da contemporaneidade, que fai especial mofa das relixións, para defender un discurso ateo e laicista, moi lexítimo, por certo, por moito que lle proa a plumíferos desnortados coma Xosé Carlos Caneiro, que era mellor que se adicase á literatura, que diso algo aínda sabe.
Imposibilitado por outros compromisos de ser espectador do novo espectáculo de Leo Bassi atopo compensación na Libraría Pedreira onde merquei o seu libro La Revelación (Ediciones Barataria, 2007. Colección Inferno), que recolle os textos que manexou para o espectáculo do mesmo título, cuxa representación sufriu toda clase de censuras, protestas dos fascistas e mesmo unha tentativa de artefacto incendiario no madrileño Teatro Alfil, onde estaba daquela a se representar. Todas estas vicisitudes son contadas por Leo Bassi nunha Introdución de case trinta páxinas, á que antecede un fermoso prólogo de media ducia de páxinas escritas en Lavapiés, en marzo do 2007, polo historiador Ian Gibson.
Malia que a lectura non posúe a potencia da interpretación na representación, imposible que iso aconteza e mais tratándose do bufón Leo Bassi, tamén é certo que ler os textos utilizados polo actor no seu espectáculo teñen unha pequena avantaxe: podermos profundar no argumentario que sostén a súa concepción atea e laicista da contemporaneidade. E antes de recomendarmos a súa lectura reproducimos deseguida un anaco da súa Introdución, abondo explícita sobre os seus obxectivos:
«Y así llegamos a la razón esencial que me ha motivado a desear intensamente la publicación de este libro.
Cuando en los últimos meses del 2004 y los primeros del 2005 empecé a imaginar una obra donde podía defender con humor mis convicciones ateas y mi pasión por el laicismo, desafiando a los creyentes en el terreno de su propia espiritualidad, una de mis motivaciones era alertar de la intensidad de las actitudes militantes que notaba en mis adversarios. Tenía la sensación de que algo estaba pasando y de que nosotros, los defensores de los valores de la Ilustración, los hijos de Voltaire, estábamos cediendo la calle y las batallas ideológicas a los herederos directos de Torquemada.
Es cierto, y lo admito: yo buscaba un enfrentamiento ideológico con los partidarios del monoteísmo porque estaba harto de la inercia intelectual que les permitía lanzar verdaderos disparates desde una atalaya doctrinal sin que nadie se atreviera a contradecirlos. Una impunidad teológica en contra de la cual quería luchar con las armas de la razón y el humor. ¡Cómo me divertía pensar en las reacciones de algunos cuando soñaba un espectáculo que, nutriéndose de las macrocontradicciones de la fe, hallaba una fuente ilimitada de comicidad!
Estaba convencido, y todavía lo estoy, de que las críticas que hago no tienen nada de blasfemas y que, antes al contrario, pueden ayudar a los creyentes a profundizar en las bases de su compromiso. Pero conociendo como conozco la realidad, sabía que no toda la gente posee tanta serenidad. El problema fue que entre lo qye yo imaginaba como posible reacción y lo que ocurrió efectivamente había un abismo donde podía caber… todo el Valle de los Caídos».

Esta entrada foi publicada en Arte, Historia, Humor, Manifestos, Política, Teatro. Garda a ligazón permanente.