As librarías de València falan de si propias



En breve vai principiar no noso País o calendario de Feiras do Libro que organiza a Federación de Libreiros de Galicia, tan necesitadas dunha reformulación (ou de varias), que lle outorgue meirande frescura. Entre as propostas a ter en conta ben podería estar esta magnífica idea da Fira del Llibre 2012 de València, que teñen páxina de seu na rede e cuxa organización gravou un anuncio publicitario de cada unha das librarías participantes onde cadanseu responsable narra a historia do seu propio establecemento, a temática e a tipoloxía dos fondos que posúen, realizan unha particular recomendación de libros e xa logo sinalan o que van ofrecer na Feira. Por razóns obvias de espazo, esta anotación tan só reproducen as intervencións dos representantes da Llibreria Ramon Llull e da Llibreria Tirant Lo Blanch, porén aínda moitas máis para ollar e escoitar.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.