Poemas (XXXVI): «Geografia», de Albano Martins


Considero eu que a mellor maneira de realizarlle unha homenaxe a un poeta na plenitude da súa creatividade é o galano dun libro dos amigos. Podería ser ao xeito do noso Ramón Otero Pedrayo quen no seu O libro dos amigos (1952, reeditado en 1997 por Galaxia, ao coidado de Marcos Valcárcel) gabou a distintos persoeiros que lle eran afíns, entre eles o poeta Antón Zapata García, de Laxe, na Costa da Morte, ao que consagrei a miña Tese de Doutoramento. Ou podería ser dándolle voz aos amigos para falar da persoa que se homenaxea, como se fixo entre nós co volume colectivo O valor da xenerosidade. Homenaxe dos amigos (Difusora de Letras, Artes e Ideas, Ourense: 2009), para o activista e historiador Marcos Valcárcel, na altura xa ferido de morte, a quen lembramos aquí nesta bitácora.
Nesta última estaría o seguinte volume. Trasantonte recibín un convite electrónico para un acto no que non vou poder facer presenza, trátase do lanzamento dunha antoloxía de homenaxe ao poeta Albano Martins, intitulada 100 Poemas para Albano Martins, con prefacio do profesor Eduardo Lourenço, que vai ser apresentada hoxe, día 30, polas 21 horas, no Auditório da Fundação Eng. António de Almeida (rua Tenente Valadim, 325, 4100 Porto). A presentación estará a cargo do escritor Fernando Guimarães e contará coa presenza do homenaxeado, a quen lle enviamos os nosos parabéns.
Albano Martins (de extensa bibliografía que tamén se pode ler na bitácora astormentas) é autor de máis de vinte libros de poemas; tradutor de moitos outros poetas (velaquí a listaxe), os máis deles da literatura española, como Juan Ramón Jiménez, Pedro Salinas, Jorge Gillén, Rafael Alberti, Manuel Altolaguirre, Gerardo Diego, Carmen Conde, Francisco Brines ou o catalán Pere Gimferrer. Porén, en 1987, foi galardoado co Prémio de Tradução instituído pola Sociedade de Língua Portuguesa, de Lisboa, polos volumes O Essencial de Alceu e Safo e Cantos, de Giacomo Leopardi. Tamén é autor de prosas e estudos literarios, nos que sobrancea a Antologia do poeta simbolista português Eugénio de Castro, antecedida de um prefácio, de sua autoria, que organizou para a Imprensa Nacional-Casa da Moeda (Lisboa, 1987).
Algúns dos seus centos de poemas pódense ler no Projecto Vercial. Para abrir apetito reproducimos un breve texto:
GEOGRAFIA
Pertenço a esta
geografia, ao lume branco
da resina, ao gume
do arado. A minha casa
é esta: um leito
de estevas e uma rosa
de caruma abrindo
no tecto do orvalho.
Albano Martins, O Mesmo Nome, Porto, Campo das Letras
(reprodução autorizada pelo autor)
E como sobremesa, dos 100 Poemas para Albano Martins, o texto de Victor Oliveira Mateus:
As Raízes Persistentes
para Albano Martins
Traça a nítida verticalidade do gesto.
O atento sentido da página, aquele
que, paralelo ao vento, se lança
sobre os eucaliptos, sobre as janelas
entreabertas ou na colina que aos lábios
se oferece. Desenha o voo das gaivotas
através de um oceânico azul, ali,
onde os hipocampos se perfilam e o desejo,
nos andaimes da espuma, é um murmúrio
de praias ensolaradas. Arranca da porta
as ervas daninhas, essa baba de palavras
mecânicas eivadas de vazio com rastos
de inércia à mistura. Observa, por fim,
o movimento das algas firmando-se
nas crateras das rochas, na inteireza
dos poros intraduzíveis, pois, como o poeta,
é assim o dizer que não vacila, as raízes
persistentes e são assim as algas.
Mateus, Victor Oliveira en 100 Poemas para Albano Martins.
(org. Maria do Sameiro Barroso, prefº Eduardo Lourenço),
Fafe: Editora Labirinto, 2012, p 119.

Esta entrada foi publicada en Poesía. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Poemas (XXXVI): «Geografia», de Albano Martins

  1. VIAJERAZUL di:

    non coñecia a obra deste autor, é bo entrar nos versos dalguén novo para min, pois descoñezo a obra de autores moitos portugueses e brasileiros. mais si coñecía a Marcos valcárcel, que pola miña propia experiencia era unha gran persoa, á que lle debo moito agradecemento
    saúdos

Os comentarios están pechados.