Contra a censura ao cómico Leo Bassi en Santiago de Compostela


(O actor e cómico italiano Leo Bassi presentou o seu novo espectáculo, The Best Of, no Auditorio Municipal de Ourense. Nesta nova proposta escénica, o actor repasa o mellor da súa carreira ao longo dunha hora e media de función)
O twitter persoal do cómico Leo Bassi felicitou a meu irmán Rafa Villar, que é concelleiro do BNG na cidade de Santiago de Compostela, por apresentar un escrito no que solicita explicacións pola censura do seu espectáculo The Best Of .
Curiosamente só puiden ler a nova polo de agora no xornal conservador madrileño ABC. Onde estarán os medios críticos que seica hai neste noso País?
No video que ilustra esta nova podedes ollar un adianto do espectáculo que o Concello de Santiago de Compostela nos quixo furtar, aínda que no seu twitter Leo Bassi anuncia que está a confirmar un escenario alternativo. De podermos aló estaremos para facer rebentar de público a nosa solidariedade con este cómico crítico cos males da nosa contemporaneidade. Adiante, Leo!!!

Esta entrada foi publicada en Humor, Teatro. Garda a ligazón permanente.