Un testemuño ao vivo das mobilizacións en Grecia


Praza Syntagma, 12 de febreiro do 2012
A información que nos chega de Grecia é as máis das veces confusa ou terxiversa o verdadeiro sentido das mobilizacións da cidadanía helena contra a súa clase política dirixente e contra os ditados da troika que representa o apetito insaciable e voraz e os escuros intereses do capital na Unión Europea. Coñecín, através da miña amiga Maka Arca Camba, a bitácora do helenista Pedro Olalla González de la Vega (Oviedo, 1966), escritor, filólogo, profesor, tradutor e fotógrafo, quen desde fai 26 anos mantén unha intensa relación con Grecia, país no que se iniciou no helenismo e no que 1994 ten a súa residencia para se dedicar á investigación, a creación e a didáctica.
Na súa bitácora podedes ler este excelente artigo intitulado «Violencia de guante blanco» que nos ofrece unha ollada de primeira man.

Esta entrada foi publicada en Documental, Historia, Manifestos, Política. Garda a ligazón permanente.