En construción, lopezabente.org


A necesaria páxina web da Fundación López Abente xa está activa na rede desde o pasado día 5 de xaneiro no dominio lopezabente.org. Sen dúbida, un magnífico agasallo da noite dos magos de Oriente. O proxecto coordinouno o noso compañeiro Xesús Sambade e a páxina está aínda en construción e devagariño, pouco a pouco, todos os membros da Fundación iremos colaborando para arrequentar as achegas, que xa non son poucas cando a páxina está aínda en cueiros, como se adoita dicir.
A páxina de inicio resume a constitución da entidade, que se completa coa sección de novas ou novidades, coa biografía sucinta do poeta Gonzalo López Abente, a previsión dunha unidade didáctica, unha tenda para vendermos libros do autor ou estudos sobre a súa obra. Alén diso, tamén hai espazo para relacionar toda a súa obra, ofrecer unha antoloxía de textos, varios artigos de opinión sobre a obra e outras ligazóns. Porén, aínda hai moito por facer de agora en diante e nese proxecto deitaremos tamén a nosa ilusión neste ano que principia.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Ensaio, Estudos literarios, Fotografía, Lendas e mitos, Lingua, Narrativa, Poesía, Roteiros, Teatro, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a En construción, lopezabente.org

  1. Pingback: As crebas » Rebelión na charca, na prensa comarcal

Os comentarios están pechados.