Catro libros neste feraz 2011





E enlazando coa anterior entrada aproveito para facer promoción persoal das catro obras da miña autoría que viron a luz neste ano a piques de rematar, tan feraz desde o punto de vista editorial para a miña escrita, aínda que algún destes traballos ten xa unha longa traxectoria de anos de espera.
Literatura Infantil:
O conto para primeiros/as lectores/as A cobiza do verme Noel, que ilustrou Marta Álvarez Miguéns.
Poesía:
O poemario As crebas, con portada de Manuel Sendón.
Estudos Literarios:
A edición que preparei da antoloxía Ser auga, darse en auga. Medio século: 1958-2008 de Bernardino Graña.
A edición do inédito Bretemada, de Gonzalo López Abente, con Limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín, actual presidente da RAG.
No caso de escollerdes para presente algún destes libros tedes a miña sinatura autógrafa ao voso dispór. Obrigado sempre.

Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Infantil, Poesía. Garda a ligazón permanente.