«Os livros são o melhor presente que uma pessoa pode dar a outra»


Despois do Apalpador ou do Papai Noel (brasileiro) ou Pai Natal (portugués) velaí veñen xa os Magos de Oriente e aínda hai tempo para agasallarmos libros. Mentres no noso País pechan editoras e librarías, abaixo do Minho pelexan porque nos presentes do nadal tamén haxa literatura, como esta excelente campaña promocional da Associação Portuguesa de Editores e Livreiros para estes dias na que se di moito en dezasete segundos: «Livros! Não sei se alguma vez vos disse isto, mas os livros são o melhor presente que uma pessoa pode dar a outra». Eu só engadirei que cómpre agasallar libros e moito mellor se se tratar de literatura galega, porque estaremos a defender un sector fundamental para a nosa cultura e para a nosa lingua. Saúde!

Esta entrada foi publicada en Lendas e mitos, Tradicións. Garda a ligazón permanente.