A pintura de Xurxo Martiño (Caxadas, 1964)


(“Faro de Fisterra”, 2009, e foto do pintor Xurxo Martiño en culturagalega.info)
Outro pintor soneirán de sona é Xurxo Martiño (Caxadas, 1964), que me agasallou de xeito ben xeneroso cun cadro da súa serie de paisaxes urbanas por ter participado cos meus versos nun dos seus catálogos para unha das exposicións antolóxicas da súa obra. A nosa colaboración xa viña de antes, pois súa é a imaxe do cabo Vilán que ilustra a portada da edición da Antoloxía poética de Gonzalo López Abente, que publicou Espiral Maior en 1995. Así a todo, nin Xurxo nin eu ficamos satisfeitos coa baixa calidade da impresión (como se pode abaixo ollar na reprodución) e que desmerecía en moito ao orixinal. Hoxe a edición comarcal de La Voz de Galicia-Carballo publica unha desas entrevistas sobre a infancia que adoitan facerlle aos persoeiros da Costa da Morte.

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Arte, Entrevistas, Exposicións. Garda a ligazón permanente.