Arquivos mensuais: Xuño 2018

Adeus ao mestre e escritor Xabier P. DoCampo

Augas do Lea, arrolo do meu berce que ao Miño da nacencia ides, levade as brancas palabras de fariña triga, as que a mai bordou en min co fío de ouro desta Lingua. E ti, amada miña, tráeme aquí no … Sigue lendo

Publicado en Obituarios | Deixa un comentario

Crónica videográfica da presentación no Ateneo de Santiago de Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro, de Antón Zapata García

 O Ateneo de Santiago, que nos acolleu xenerosamente e xestionou o uso do espazo da Sede Afundación (Casa Grande do Pozo. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela), vén de dispoñibilizar para o público no seu sitio web e tamén na … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Biografía, Estudos literarios, Gravacións, Lendas e mitos, Lingua, Poesía, Presentacións, Tradicións | 2 Comentarios

Artigo en QPC (XLVII): «A Costa da Morte en tres exposicións temporais que se mostran en Compostela»

 Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para recomendar a visita a tres exposicións temporais que se están a desenvolver en Compostela. Velaquí o artigo que … Sigue lendo

Publicado en Arte, Exposicións, Fotografía, Historia, Tradicións | Deixa un comentario

Unha entrevista realizada polo alumnado de 1ª da ESO do CPI Viaño Pequeno (Trazo)

O Proxecto Interdisciplinar do CPI Viaño Pequeno «Educación para o Desenvolvemento dende unha perspectiva de Xénero», que este curso promoveu e impulsou a profesora de inglés Myriam Morán Sacristán, decidiu dedicar unha das súas sesións a traballar o meu conto … Sigue lendo

Publicado en Contos, Encontros, Entrevistas, Infantil, Narrativa, Poesía | Deixa un comentario

«Da brava costa». Recensión de Armando Requeixo a Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García

O profesor e crítico literario Armando Requeixo publica todos os domingos unha recensión no suplemento cultural Nordesía, que se publica de maneira conxunta nos xornais Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol e El Ideal Gallego. Na entrega … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Biografía, Estudos literarios, Lingua, Poesía, Recensións | Deixa un comentario

Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García. Nova na edición de Carballo de La Voz de Galicia

Onte, a edición de Carballo do xornal coruñés La Voz de Galicia, que se distribúe nas bisbarras de Bergantiños, Soneira e Fisterra, daba conta da saída de Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García (Edicións … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Biografía, Ensaio, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Tradicións | Deixa un comentario

Recensión a Tundra, de Carlos Negro, en Grial 217

E aínda nese mesmo último número, 217 (xaneiro, febreiro, marzo do 2017) de Grial, Revista Galega de Cultura, e tamén na habitual sección intitulada «O espello das letras» aínda asino unha outra recensión intitulada «A poética do frío» para dar … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Premios, Recensións | Deixa un comentario

Recensión a Enrique Peinador Lines e Mondariz. Empresa, Turismo e País, de Ricardo Gurriarán, en Grial 217

No mesmo último número, 217 (xaneiro, febreiro, marzo do 2017) de Grial, Revista Galega de Cultura, e tamén na habitual sección intitulada «O espello das letras» aínda asino unha outra recensión intitulada «O exemplo dun empresario galeguista» para dar conta … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Ensaio, Historia, Recensións | Deixa un comentario

Recensión a Díaz Castro: poeta en formación (1914-1939), de Emilio Xosé Ínsua López, en Grial 217

No último número, 217 (xaneiro, febreiro, marzo do 2018) de Grial, Revista Galega de Cultura, que desde hai uns días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir en edición dixital desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Ensaio, Estudos literarios, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Recensións | Deixa un comentario

Anotación de Xosé Mª Lema Suárez sobre Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García

Dentro duns días presentaremos a obra Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García (Edicións Fervenza, 2018), na compaña de Pilar Sampedro e de Francisco Fernández Rei, académico numerario da RAG, nun acto organizado en colaboración co Ateneo … Sigue lendo

Publicado en Autografías, Estudos literarios, Lingua, Poesía, Presentacións, Recensións | Deixa un comentario