Arquivos mensuais: Setembro 2016

Tres poemas versionados ao francés e ao inglés

(Premer nas imaxes para unha mellor lectura) Conmemórase hoxe, 30 de setembro, o Día Internacional da Tradución e xa se contou nesta anotación que a primeira vez que se traduciron poemas meus a varias linguas europeas foi cando recibín o Premio Tívoli – Europa Giovani … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Premios, Versións ou traducións | Comentarios desactivados en Tres poemas versionados ao francés e ao inglés

Poema (XCII): «Fragmentos verticales», de Roberto Juarroz

As poetas, os poetas creamos material sensible que moitas veces é manipulado de maneira espuria. Vén de acontecer coa obra poética do poeta arxentino Roberto Juarroz (Buenos Aires 1925-1995). Entre os artigos asinados polos/as presidenciables nos vindeiros comicios autonómicos de … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Política | Comentarios desactivados en Poema (XCII): «Fragmentos verticales», de Roberto Juarroz

«O Castro de Coucieiro, máis que unha fermosa paisaxe», por Manuel Vilar

(As Caldeiras nunha foto de finais da década de 1960. Vese un muíño e os restos dun batán aínda enteiros) Despois dun longo silencio, apráceme reproducir máis unha vez nesta bitácora outro artigo do noso amigo antropólogo Manuel Vilar Álvarez, … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Historia, Lendas e mitos, Roteiros, Tradicións | Comentarios desactivados en «O Castro de Coucieiro, máis que unha fermosa paisaxe», por Manuel Vilar

O poeta Paco Souto a ensinar o seu oficio de percebeiro e a Costa da Morte nun fermoso documentario da televisión austríaca

O último día de agosto apareceunos na caixa do correo electrónico unha mensaxe do amigo poeta Paco Souto, no asunto indicaba «documental de Peter» e acompañando a ligazón a un video na canle de youtube unhas breves palabras: «Este é … Sigue lendo

Publicado en Documental, Fotografía, Gravacións, Poesía, Roteiros, Televisión, Xornalismo | Comentarios desactivados en O poeta Paco Souto a ensinar o seu oficio de percebeiro e a Costa da Morte nun fermoso documentario da televisión austríaca

Artigo en QPC (XIII): «A Virxe d'a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917

Veño de publicar unha nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para recuperar o poema «A Virxe d’a Barca» de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917, e que é … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Historia, Poesía, Tradicións | Comentarios desactivados en Artigo en QPC (XIII): «A Virxe d'a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917

Lembranza dunha conferencia de Manuel María en setembro de 1991

(Na fotografía de A. Hernández, en segundo plano, eu propio a conversar co poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello, se callar sobre a inminente saída do prelo da miña opera prima Ausencias pretéritas, Espiral Maior, 1992) Neste novo cabodano do … Sigue lendo

Publicado en Encontros, Estudos literarios, Memoria Literaria, Poesía | Comentarios desactivados en Lembranza dunha conferencia de Manuel María en setembro de 1991

Unha carta do poeta Antón Zapata García ao seu curmán fotógrafo José Vidal García (1935)

(Fotografía de José Vidal García tirada do «Fondo José Vidal» do Concello de Laxe) Os epistolarios adoitan ser (se callar xa non o son por mor do correo electrónico) unha fonte inesgotable de información para trazar o perfil biográfico e … Sigue lendo

Publicado en Arte, Biografía, Epistolarios, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Poesía | Comentarios desactivados en Unha carta do poeta Antón Zapata García ao seu curmán fotógrafo José Vidal García (1935)

Poemas para os megálitos (e V): «O dolmen», de Gonzalo López Abente

(Imaxe da lectura na Arca da Piosa, tirada da crónica de costadosolpor, bitácora de Xosé Mª Lema Suárez) (Imaxe da lectura do poema «O dolmen de Dombate», de Eduardo Pondal. Fotografía divulgada no twitter de Marcos Maceira, presidente da Mesa … Sigue lendo

Publicado en Arte, Encontros, Historia, Lendas e mitos, Poesía, Roteiros | Comentarios desactivados en Poemas para os megálitos (e V): «O dolmen», de Gonzalo López Abente

Poemas para os megálitos (IV): A Arca da Piosa no poema «Á hora en que o doce luceiro», de Eduardo Pondal

(Fotografía tirada da galería sobre a Arca da Piosa no sitio web do Concello de Zas e a Deputación da Coruña) A Arca da Piosa foi outra das antas que visitamos. O amigo Xosé Mª Lema Suárez, historiador e presidente … Sigue lendo

Publicado en Arte, Encontros, Historia, Lendas e mitos, Poesía, Roteiros, Xornadas | Comentarios desactivados en Poemas para os megálitos (IV): A Arca da Piosa no poema «Á hora en que o doce luceiro», de Eduardo Pondal

Poemas para os megálitos (III): «Dolmen», de Lorenzo Varela

(Gravado de Luís Seoane que acompañou o poema na súa edición e manuscritos autógrafos de Lorenzo Varela). No centenario de Lorenzo Varela era ben lembrarmos no II Simposio do Megalitismo da Costa da Morte o seu poema «Dolmen», publicado no … Sigue lendo

Publicado en Arte, Autografías, Congresos, Estudos literarios, Historia, Lendas e mitos, Manuscritos, Política, Roteiros, Xornadas | Comentarios desactivados en Poemas para os megálitos (III): «Dolmen», de Lorenzo Varela