Arquivos mensuais: Febreiro 2015

Proxecto de recuperación documental e fotográfica da Emigración Galega, que está a desenvolver o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega

Teño o pracer de me facer eco nesta bitácora dun proxecto que coñecín ao abrir hoxe a caixa de correo e que me pareceu excelente e digno de divulgar ao máximo. Trátase dunha iniciativa lanzada polo Arquivo da Emigración Galega do … Sigue lendo

Publicado en Documental, Epistolarios, Fotografía, Historia, Tradicións | Comentarios desactivados en Proxecto de recuperación documental e fotográfica da Emigración Galega, que está a desenvolver o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega

Na presentación do poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) A fotografía de © Xoán A. Soler testemuña a nosa presenza entre o público, no que tamén se pode ollar ao escritor e profesor Manuel Portas e ao filósofo e ensaísta Antón Baamonde, … Sigue lendo

Publicado en Música, Poesía, Presentacións | Comentarios desactivados en Na presentación do poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda

#EuSonRosalía A colectánea 150 Cantares para Rosalía de Castro en descarga de balde

(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño) O poeta Suso Díaz, a quen parabenizamos pola iniciativa e polo seu excelente resultado, envioume a finais de 2013 unha mensaxe que incluía un convite para participar nun libro colectivo que glosaría os … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Arte, Poesía, Presentacións | Comentarios desactivados en #EuSonRosalía A colectánea 150 Cantares para Rosalía de Castro en descarga de balde

#EuSonRosalía Presentación do libro-cd De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

(Imaxe tirada do facebook do Diario Cultural) Hai case dous anos recibimos o convite da poeta Ana Romaní, directora do programa Diario Cultural, o informativo cultural da Radio Galega, para sumármonos daquela á conmemoración do 150 aniversario da edición de … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Gravacións, Poesía, Presentacións, Radio | Comentarios desactivados en #EuSonRosalía Presentación do libro-cd De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

#EuSonRosalía «Dúas sombras a parolar. Rosalía respóndelle a Miro Villar», unha proposta do Clube de lectura da Biblioteca do IES Xoán Montes (Lugo)

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Ao fío do hashtag, palabra chave ou cancelo #EuSonRosalía que propuxo a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para celebrarmos nas redes sociais o Día de Rosalía de Castro 2015, … Sigue lendo

Publicado en Contos, Narrativa, Poesía, Versións ou traducións | Comentarios desactivados en #EuSonRosalía «Dúas sombras a parolar. Rosalía respóndelle a Miro Villar», unha proposta do Clube de lectura da Biblioteca do IES Xoán Montes (Lugo)

Presentación do libro Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, gañador do IIº Premio de Poesía Gonzalo López Abente (mércores, 25 de febreiro, ás 20,00 h. Na Libraría Couceiro)

A Fundación Gonzalo López Abente, a Libraría Couceiro e Edicións Xerais de Galicia organizan este mércores, 25 de febreiro, ás 20,00 horas na devandita libraría a presentación do libro Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, da autoría de Laureano … Sigue lendo

Publicado en Música, Poesía, Premios, Presentacións | Comentarios desactivados en Presentación do libro Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, gañador do IIº Premio de Poesía Gonzalo López Abente (mércores, 25 de febreiro, ás 20,00 h. Na Libraría Couceiro)

«De sempre, para sempre». A Fervenza do Xallas no Ézaro e o Monte Pindo protagonistas no «Portelo do Retorno» de Xosé Manuel Lobato

(Imaxe tirada deste álbum de fotos da asociación ecoloxista ADEGA logo da desfeita do lume. Premer nela para agrandar o tamaño) Máis unha vez Xosé Manuel Lobato, caro amigo e compañeiro de andaina de moitos roteiros, escolle unha paraxe singular da Costa … Sigue lendo

Publicado en Narrativa, Roteiros | Comentarios desactivados en «De sempre, para sempre». A Fervenza do Xallas no Ézaro e o Monte Pindo protagonistas no «Portelo do Retorno» de Xosé Manuel Lobato

Nace a Plataforma Cidadá para a Defensa do Vilán, contra a ameaza dun laboratorio experimental de Gas Natural-Fenosa

Aínda que as últimas novas falan de pode existir unha recúa,  esta bitácora saúda o nacemento da Plataforma Cidadá para a Defensa do Vilán, cuxo singular espazo natural podería sufrir unha nova agresión medio ambiental coa aprobación do proxecto da … Sigue lendo

Publicado en Manifestos, Poesía | Comentarios desactivados en Nace a Plataforma Cidadá para a Defensa do Vilán, contra a ameaza dun laboratorio experimental de Gas Natural-Fenosa

«Derrota na casa da Nonó», unha homenaxe á novela A esmorga de Eduardo Blanco-Amor

(Fotograma da casa da Nonó no filme A esmorga de Ignacio Vilar. Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Nas miñas aulas sempre cualifico A esmorga de Eduardo Blanco-Amor como a mellor novela galega do século XX e non hai … Sigue lendo

Publicado en Cinema, Historia, Poesía | Comentarios desactivados en «Derrota na casa da Nonó», unha homenaxe á novela A esmorga de Eduardo Blanco-Amor

Poemas (LXXIII): «Baby Villon» («Pequeno Villon»), de Philip Levine

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) O día 14 de febreiro foise o poeta norteamericano Philip Levine (Detroit, 1928 – Fresno, California, 2015), cuxa obra literaria sempre abrazou a causa obreira, desde o seu posicionamento anarquista. Que eu coñeza … Sigue lendo

Publicado en Obituarios, Poesía | Comentarios desactivados en Poemas (LXXIII): «Baby Villon» («Pequeno Villon»), de Philip Levine