Arquivos mensuais: Marzo 2012

Falamos de pronomes átonos…

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Moi boa a ilustración ou viñeta (quadrinho em português) de Gonzalo Vilas no dixital Dioivo sobre os usos lingüísticos do actual presidente da Xunta de Galicia. Porén, a incorrecta colocación do pronome átono … Sigue lendo

Publicado en Banda deseñada, Humor, Lingua, Manifestos, Política | Comentarios desactivados en Falamos de pronomes átonos…

Cadernos de Mariñán, 4. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior

Onte chegoume o volume Cadernos de Mariñán, 4, cuxa edición literaria está ao coidado dos profesores Xosé Manuel Fernández Castro e Luciano Rodríguez. A publicación recolle a conferencia inaugural e as catro comunicacións que vertebraron o VI Encontro de Escritores … Sigue lendo

Publicado en Ensaio, Estudos literarios, Narrativa, Poesía, Recensións, Teatro | 1 comentario

«Vaticinio», versos de Memoria de Ahab de Rafa Villar nun disco de Xardín Desordenado

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Os versos do meu irmán Rafa Villar levan camiño de se converter nos máis musicados dos poetas da Costa da Morte, de quitado do clásico Eduardo Pondal. Nesta bitácora  xa contamos que o … Sigue lendo

Publicado en Música, Poesía | 1 comentario

«Rede e literatura. Os blogs, fiestras ao mundo», artigo do crítico Joaquim Ventura

«Rede e literatura. Os blogs, fiestras ao mundo» é o título dun interesante e suxestivo artigo do crítico Joaquim Ventura que se publicou no día de onte na segunda páxina do suplemento Faro da Cultura. A funcionalidade das bitácoras no campo … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios | Comentarios desactivados en «Rede e literatura. Os blogs, fiestras ao mundo», artigo do crítico Joaquim Ventura

«A Poesía… arma de futuro?», artigo na Rivista italiana di letteratura comparata. Anno X. Nº. 13. 1999 [2001]

Ao fío do Día Mundial da Poesía e tamén do centenario de Celso Emilio Ferreiro, a quen cito no texto, reproduzo a versión galega do meu artigo «A Poesía… arma de futuro?» que se publicou en italiano na Rivista italiana di letteratura … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Poesía | Etiquetado | Comentarios desactivados en «A Poesía… arma de futuro?», artigo na Rivista italiana di letteratura comparata. Anno X. Nº. 13. 1999 [2001]

A Costa da Morte unha potencia en literatura infantil

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Ubaldo Cerqueiro, do dixital quepasanacosta, faise eco dunha anotación desta bitácora para o seu espallamento por toda a Costa da Morte. O noso caro amigo realizou unha montaxe coa imaxe orixinal do catálogo, … Sigue lendo

Publicado en Contos, Infantil, Poesía | Comentarios desactivados en A Costa da Morte unha potencia en literatura infantil

Unha nova fotografía do poeta Gonzalo López Abente

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) A Fundación Gonzalo López Abente, da que fago parte, ten entre as súas funcións recuperarmos textos e documentación do poeta muxián. Desta volta trátase dunha fotografía do vate con familiares e amigos nunha … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Historia, Poesía | 2 Comentarios

Poemas (XXXV): «A poesía é verdade», de Celso Emilio Ferreiro

O PEN Clube de Galicia organizou para esta tarde un acto de conmemoración do Día Mundial da Poesía no que non poderes estar por circunstancias familiares. Porén participei na elaboración do programa e na escolla do poema «A poesía é … Sigue lendo

Publicado en Manifestos, Poesía | 2 Comentarios

Poemas (XXXIV): «Quatre paraules», de Narcís Comadira

En Catalunya, para conmemorar o Día Mundial da Poesía, a Institució de les Lletres pediu ao poeta Narcís Comadira que realizase un poema, Quatre paraules, que foi traducido a vinte idiomas – entre eles, o chinés mandarín, o urdu ou … Sigue lendo

Publicado en Poesía | Comentarios desactivados en Poemas (XXXIV): «Quatre paraules», de Narcís Comadira

Mensaxe da Directora Xeral da Unesco, Irina Bokova, co gallo do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2012 (versión galega)

(Unhas persoas da China recitan poemas para celebrar o Festival do Bote do Dragón. Foto/UNESCO) Mensaxe da Directora Xeral da Unesco, Irina Bokova, co gallo do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2012 (versión galega) A poesía é … Sigue lendo

Publicado en Manifestos, Poesía | 2 Comentarios