Arquivo da categoría: Versións ou traducións

Poema (XCIX): «Eugenio Granell ou a invención do dado», de Ludwig Zeller. Tradución de Francisco Fernández Naval

Un chío do poeta e editor, Miguel Anxo Fernán-Vello fíxome coñecedor da morte do poeta Ludwig Zeller. Na súa memoria recupero o seu poema «Eugenio Granell ou a invención do dado», que abre a obra Infinito presente. Selección de poemas. … Sigue lendo

Publicado en Obituarios, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Non me deas diñeiro / polo que che dou. Tributo académico a Avelino Díaz (1897-1971). Vols. 1/2. Benigno Fernández Salgado e Tina Poethe (Eds.). Editora 3D1T0R4, 2019.

Anda xa polos andeis físicos das principais librarías do País (as nosas) e por algúns outros espazos virtuais a obra de autoría colectiva intitulada Non me deas diñeiro / polo que che dou. Tributo académico a Avelino Díaz (1897-1971). Vol. … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Ensaio, Epistolarios, Estudos literarios, Historia, Lingua, Poesía, Política, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2019 (Versión galega)

Wayne Keon (membro da Primeira Nación Nipissing de Canadá) Neste 21 de marzo do 2019, no vinte aniversario do Día Mundial da Poesía, declarado pola UNESCO en 1999, tampouco atopei por ningures a versión galega da Mensaxe da súa Directora … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Manifestos, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Addio, Adeus emocionado e sentido para a profesora e académica Giulia Lanciani

(Giulia Lanciani lendo o seu discurso de ingreso na RAG, no ano 2014. Fonte: Xosé Castro / RAG) Unha mensaxe da Real Academia Galega (RAG), da que era Membro de Honra, como tamén o é o seu home Giusseppe Tavani, fíxome … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Literatura medieval, Memoria Literaria, Poesía, Premios, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Poema (XCVII): «La poesia», de Antònia Vicens

(Antònia Vicens nunha fotografía de ©Esteve Plantada) O pasado mércores 17 de outubro o «Ministerio de Cultura y Deporte del Gobierno de España» daba a coñecer que a mallorquina Antònia Vicens viña de ser galardoada co «Premio Nacional de Poesía … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Premios, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LIII): O poema «A Unamuno» do muxián Xervasio Paz Lestón en Por ocho centurias (Antología en homenaje a las universidades de Salamanca y San Marcos de Lima, y a los poetas Diego de Torres Villarroel y Alejandro Romualdo)

  Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta.Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta sobre a reedición do poema«A Unamuno» do muxián Xervasio Paz Lestón en Por ocho centurias (Antología en homenaje a las … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Efemérides, Historia, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Viaxe ao noroeste de Italia (Lombardía, Piemonte e Liguria): A crónica da profesora e viaxeira Xela Cid

(As fotografías que ilustran esta anotación son de propia autoría, agás a do grupo realizada polo xornalista Ameixeiras) A xeira anual do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom), «Viaxe ao noroeste de Italia (Lombardía, Piemonte e Liguria)», que … Sigue lendo

Publicado en Arte, Cinema, Estudos literarios, Exposicións, Fotografía, Historia, Lendas e mitos, Poesía, Roteiros, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (XLIX): Na escolma de Vicente Araguas (editor literario), La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, que na última semana de agosto saudaba a chegada ás librarías dunha nova obra colectiva, «Na escolma de Vicente Araguas (editor literario), … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Poemas de Eugenio Montale na «Viaxe ao noroeste de Italia (Lombardía, Piemonte e Liguria)» co Semescom (II)

(As fotografías son de autoría nosa, agás as que ilustran os poemas Corso Dogali e Càffaro) E velaquí a segunda parte da escolla de poemas sobre o territorio que iamos visitar que incluín na miña achega «Cinque Terre e Genova … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Roteiros, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Poemas de Eugenio Montale na «Viaxe ao noroeste de Italia (Lombardía, Piemonte e Liguria)» co Semescom (I)

(Eugenio Montale, 1970. Fotografia de Ugo Mulas. Monterosso al Mare) Tal e como relataba nas súas crónicas o xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras, na «Viaxe ao noroeste de Italia (Lombardía, Piemonte e Liguria)», organizada polo Seminario de Estudos Comarcais da … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Roteiros, Versións ou traducións | Deixa un comentario