Arquivo da categoría: Política

Poesía contra a barbarie. A voz da muller palestina: Suheir Hammad e Dareen Tatour

Velaquí as versións de senllos poemas de Suheir Hammad e Dareen Tatour elaboradas para a lectura pública Poesía contra a barbarie. A voz da muller palestina que se vai celebrar mañá en Compostela. Outra acción máis na solidaiedade co pobo … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Política, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (CII): Camariñas, Carnota, Cee, Mazaricos e Muros no libro Os mestres mortos daquel verán, de Narciso de Gabriel

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta para honrar a memoria dos docentes costeiros asasinados polos franquistas e que se lembran no ensaio Os mestres mortos daquel … Sigue lendo

Publicado en Historia, Política, Recensións | Deixa un comentario

Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García Gerpe, no programa «Diario Cultural» da Radio Galega

A xornalista Belén Regueira, a quen agradezo a súa lectura e a súa atención, dedicoulle uns minutos no programa «Diario Cultural» da Radio Galega ao libro Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Epistolarios, Historia, Memoria Literaria, Narrativa, Política, Radio, Teatro, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (XCIX): Unha cala sobre os «Fillos Adoptivos» na nosa literatura

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para reflexionar sobre a presenza da declaración de «Fillos Adoptivos» relacionados coa nosa literatura nos concellos do noso País . … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Estudos literarios, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Política, Premios, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Recensión a Reboiras, o camiño da rebeldía, de Xurxo Martínez González e Xosé Manuel Pereiro, en Grial 233

No último número, 233 (xaneiro, febreiro e marzo do 2022) de Grial. Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Efemérides, Entrevistas, Historia, Política, Recensións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (XCVIII): Combatendo os prexuízos sociolingüísticos. Galicia, lo gallego y los gallegos, de Fernando Cabeza Quiles, nova edición, en castelán

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para saudar o lanzamento dun ensaio sociolingüístico de Fernando Cabeza Quiles, que xa tivera unha edición anterior en galego. Velaquí … Sigue lendo

Publicado en Historia, Lendas e mitos, Lingua, Política, Tradicións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (XCVI): «A Costa da Morte na obra de Florencio Delgado Gurriarán»

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para divulgar a escasa presenza da Costa da Morte na obra do poeta Florencio Delgado Gurriarán, autor que lembramos nas … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Estudos literarios, Historia, Poesía, Política | Deixa un comentario

«Florencio Delgado Gurriarán, o poeta galeguista no exilio mexicano», artigo publicado na Revista Luzes 103

Engado ao repositorio destas crebas.gal o artigo escrito para a Revista Luzes 103, dirixida por Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, correspondente ao mes de maio, que se publicou a xeito de monográfico dedicado ao autor que homenaxeamos no Día … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Cinema, Documental, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Política | Deixa un comentario

Entrevista no podcast «Descifrando a Historia» sobre a biografía e a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Co adaxo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio o programa en podcast «Descifrando a Historia», que realiza David Gesteira, emitiu senllas entrevistas a Ricardo Gurriarán e a min propio para falarmos sobre a biografía e a obra … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Política, Radio | Deixa un comentario

«A poesía de Florencio Delgado Gurriarán no marco dun século convulso», artigo no volume colectivo ‘Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia Infinda’, editado polo Servizo de Publicacións da USC

Este pasado venres, 13 de maio, desenvolveuse o acto institucional (no que non puiden estar por razóns laborais) de lanzamento do habitual volume colectivo elaborado polo departamento de Filoloxía Galega e que aborda desde diferentes perspectivas a obra da autora … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Estudos literarios, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Política | Deixa un comentario