Arquivo da categoría: Memoria Literaria

Artigo en QPC (LXXI): Lugar de incendios, no terceiro cabodano do poeta Paco Souto

Días atrás publiquei unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, para saudar o poemario póstumo de Paco Souto, Lugar de incendios. Velaquí o artigo que tamén se pode ler nesta ligazón. Lugar … Sigue lendo

Publicado en Arte, Efemérides, Manuscritos, Memoria Literaria, Música, Poesía | Deixa un comentario

O arquivo da Academia comparte a poesía póstuma de López Abente, no 142 natalicio do poeta

(Retrato de López Abente. Fonte: Arquivo RAG) O longo proceso, de anos, de pescuda para a elaboración da edición literaria da Poesía Completa, de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 2012, en coedición coa Fundación López Abente), levoume tamén aos arquivos … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Estudos literarios, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Teatro | Deixa un comentario

«Nos 75 anos da morte do poeta e crego Matías Escariz». Por Xosé María Rei Lema

A edición dixital do xornal La Voz de Galicia-edición de Carballo publica un excelente artigo do filólogo Xosé María Rei Lema para lembrar o 75 aniversario do pasamento do poeta e crego Matías Mª. Escariz Méndez, home que tivo moita … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Memoria Literaria, Poesía | Deixa un comentario

Os exemplares asinados do poemario Gameleiros, con fotografías de Manuel Álvarez, viaxan para Abegondo e A Coruña

As persoas que seguen esta bitácora ou a miña conta de Twitter @MiroVillar puideron participar no sorteo de dous exemplares asinados do poemario Gameleiros (2002), con fotografías do guardés Manuel Álvarez, en fermosa edición xa descatalogada por Xerais, para así … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Memoria Literaria, Poesía, Tradicións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LXVI): Adeus ao poeta Xosé Leira López, un dos promotores das «Aulas no Camiño»

Veño de publicar unha nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para escribir unha desas lembranzas que nunca quixera facer, por se tratar da triste despedida dun caro amigo poeta, Pepe … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Obituarios, Poesía | Deixa un comentario

Crónica en QPC: Medio centenar de mestres do país lembran a Paco Souto nun Roteiro Literario polos seus espazos vitais

(As fotografías son da autoría de X. Carlos Rodríguez Pérez) Crónica no dixital Que pasa na Costa (27 / o5 /19) Este pasado sábado, 25 de maio, máis de 50 profesoras e profesores aproveitaron para “reflexionar” participando no “Roteiro Literario … Sigue lendo

Publicado en Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Roteiros, Tradicións | Deixa un comentario

Adeus á poeta Francisca Aguirre

Onte finaba aos 88 anos a poeta Francisca Aguirre (Alacant, 1930) na súa casa madrileña. A súa poesía sempre me interesou e deixou a súa pegada no meu último libro de poemas publicado até hoxe. Así o contei nesta bitácora … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Obituarios, Poesía, Premios | Deixa un comentario

Entrevista a María Lado: «En xeral, son unha poeta boa de ler»

A xornalista Paula Vázquez publicou o 20 de marzo, véspera do Día Mundial da Poesía, no dixital Que Pasa Na Costa, unha entrevista coa poeta María Lado na que lembra os seus inicios no Batallón Literario da Costa da Morte … Sigue lendo

Publicado en Entrevistas, Memoria Literaria, Poesía | Deixa un comentario

Recensión a Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González, en Grial 220

No último número, 220 (outubro, novembro, decembro do 2018) de Grial, Revista Galega de Cultura, que desde hai uns días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Ensaio, Estudos literarios, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Recensións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LVI): O mecenado como mostra de amor á Terra: Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal, de Xosé María Rei Lema

(Foto 1: Dirixentes da colectividade galega portaron o cadaleito de Castelao, entre eles Perfecto López, na parte traseira coa gravata negra, xaneiro de 1950) Veño de publicar neste inicio de ano unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Ensaio, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Política, Recensións | Deixa un comentario