Arquivo da categoría: Antoloxías

Adeus ao poeta Lois Antón (Escudeiros, Ramirás, 1931 – 2018)

(Portada do volume de homenaxe Voz da terra, arela do pobo) Os últimos días de xullo están a ser días ben tristes para a poesía ourensá (e galega), se hai escasas dúas semanas nos deixou o poeta masidao Víctor Campio … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Estudos literarios, Memoria Literaria, Obituarios, Poesía | Deixa un comentario

Adeus ao poeta masidao Víctor Campio Pereira

(Víctor Campio Pereira debuxado por Marcos de Abeleda no ano 1983 e portada da súa Poesía reunida) A triste nova do pasamento no día de hoxe do poeta masidao Víctor Campio Pereira, que o pasado día 15 de xullo fixo … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Estudos literarios, Memoria Literaria, Obituarios, Poesía, Recensións | Deixa un comentario

Na escolma de Vicente Araguas (editor literario), La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea

O Grupo Editorial Sial Pigmalión, que dirixe o poeta Basilio Rodríguez Cañada, vén de publicar este mes de xullo a escolma La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea, baixo a responsabilidade do poeta Vicente Araguas (editor … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Estudos literarios, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

«Zapata non gustaba moito do termo Costa da Morte, prefería Costa Brava» (Entrevista no xornal La Voz de Galicia)

(Xosé Ameixeiras Lavandeira e eu propio. Fotografía do poeta Modesto Fraga, que fixo de ocasional reporteiro e a quen lle agradezo a cesión das imaxes) Onte, domingo 8 de xullo, a edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia, … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Entrevistas, Estudos literarios, Fotografía, Lingua, Poesía, Presentacións | Deixa un comentario

Crónica videográfica da presentación no Ateneo de Santiago de Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro, de Antón Zapata García

 O Ateneo de Santiago, que nos acolleu xenerosamente e xestionou o uso do espazo da Sede Afundación (Casa Grande do Pozo. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela), vén de dispoñibilizar para o público no seu sitio web e tamén na … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Biografía, Estudos literarios, Gravacións, Lendas e mitos, Lingua, Poesía, Presentacións, Tradicións | 2 Comentarios

«Da brava costa». Recensión de Armando Requeixo a Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García

O profesor e crítico literario Armando Requeixo publica todos os domingos unha recensión no suplemento cultural Nordesía, que se publica de maneira conxunta nos xornais Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol e El Ideal Gallego. Na entrega … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Biografía, Estudos literarios, Lingua, Poesía, Recensións | Deixa un comentario

Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García. Nova na edición de Carballo de La Voz de Galicia

Onte, a edición de Carballo do xornal coruñés La Voz de Galicia, que se distribúe nas bisbarras de Bergantiños, Soneira e Fisterra, daba conta da saída de Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García (Edicións … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Biografía, Ensaio, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Tradicións | Deixa un comentario

Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán

Tal día coma hoxe, o 14 de maio de 1987 finaba en Fair Oaks (California) o escritor Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903, como ben lembran máis unha vez no … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Efemérides, Estudos literarios, Poesía | 1 comentario

Artigo en QPC (XLV): «No prelo a edición de Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García»

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para anunciar unha nova obra: «No prelo a edición de Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García». … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Estudos literarios, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía | Deixa un comentario

Vídeo da presentación do libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda na Libraría Ler (Santa Comba)

 Reproduzo nesta bitácora un pequeno vídeo da presentación do libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (Alvarellos, 2017) na Libraría Ler (Santa Comba) o pasado venres, 27 de abril. Unha gravación que foi realizada por Diana Pastoriza, … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Gravacións, Historia, Lendas e mitos, Poesía, Presentacións | Deixa un comentario