Arquivo da categoría: Entrevistas

O nariz de Fiz, entrevista en Radio Fusión

A cadea de emisoras locais galegas Radio Fusión, neste caso a través de Radio Fene, a quen agradecemos o seu interese, emitiu unha entrevista para conversarmos da reedición da novela infantil O nariz de Fiz, na colección Árbore da Editorial … Sigue lendo

Publicado en Entrevistas, Gravacións, Infantil, Narrativa, Premios, Radio | Deixa un comentario

Entrevista coa xornalista Marta López na edición de Carballo de La Voz de Galicia con motivo do lanzamento de Aramados, de Manuel García Gerpe

A edición de Carballo do xornal coruñés La Voz de Galicia vén de publicar unha pequena entrevista que me realizou a xornalista Marta López, a quen agradezo a súa atención, con motivo do lanzamento nestes de Aramados: os meus nove … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Entrevistas, Historia, Manuscritos, Narrativa, Política, Sen categorizar | Deixa un comentario

Na «Biblioteca íntima» da revista literaria dixital BiosBardia. O país dos libros en galego: «Gustaríame ter escrito Estirpe, de Méndez Ferrín.»

Unha das bitácoras que eu considero de ineludible referencia no noso sistema literario é, sen dúbida, a revista literaria dixital BiosBardia. O país dos libros en galego, que dirixe César Lorenzo Gil «Cequelinhos», antigo xornalista do desaparecido semanario A Nosa … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Entrevistas, Narrativa, Poesía, Sen categorizar | Deixa un comentario

Memoria Literaria (XVIII): No 25 aniversario da publicación da Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 1995)

Foi un dez de maio de 1995, hai agora 25 anos, cando estivemos en Muxía, como ben lembra a hemeroteca, para presentarmos a miña edición literaria da Antoloxía poética  de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 1995). A nova na edición … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Fotografía, Memoria Literaria, Poesía, Presentacións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LXXIV): A 35 anos da publicación da revista muxiá Decrúa (1985-1986)

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para lembrar a publicación da revista muxiá Decrúa, que editou cinco números nos anos 1985 e 1986. Velaquí o artigo … Sigue lendo

Publicado en Banda deseñada, Contos, Entrevistas, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lendas e mitos, Lingua, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Política, Recensións, Tradicións, Xornalismo | Deixa un comentario

Entrevista a María Lado: «En xeral, son unha poeta boa de ler»

A xornalista Paula Vázquez publicou o 20 de marzo, véspera do Día Mundial da Poesía, no dixital Que Pasa Na Costa, unha entrevista coa poeta María Lado na que lembra os seus inicios no Batallón Literario da Costa da Morte … Sigue lendo

Publicado en Entrevistas, Memoria Literaria, Poesía | Deixa un comentario

Entrevista a Rafa Vilar: «A cultura, á parte de pesar no PIB, constrúe a sociedade do coñecemento»

A xornalista Patricia Blanco publicou hoxe na edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia unha entrevista co meu irmán Rafa Vilar despois de que o seu libro de poemas intitulado A cidade e a chuvia, de próxima publicación, … Sigue lendo

Publicado en Entrevistas, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Premios | Deixa un comentario

Entrevistas sobre o Batallón Literario da Costa da Morte no «Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade» do CPI Cabo da Area de Laxe

O Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI Cabo da Area de Laxe, da man da profesora de Sandra Villar Giner e do seu alumnado de 4º da ESO, realizou no curso 2017/2018 unha investigación, en formato de entrevistas, … Sigue lendo

Publicado en Entrevistas, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Radio | Deixa un comentario

A Xanela. Suplemento cultural de «Betanzos y su Comarca». Edición facsímil (Xuño 1994-Maio 1995)

A A. C. Eira Vella de Betanzos, que edita A Xanela. Revista cultural das Mariñas, vén de recuperar en formato orixinal en papel, aínda que un chisco reducido, a histórica primeira etapa da publicación, daquela coa cabeceira A Xanela. Suplemento cultural … Sigue lendo

Publicado en Arte, Banda deseñada, Biografía, Contos, Efemérides, Ensaio, Entrevistas, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Infantil, Lingua, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Presentacións, Xornalismo | Deixa un comentario

«Zapata non gustaba moito do termo Costa da Morte, prefería Costa Brava» (Entrevista no xornal La Voz de Galicia)

(Xosé Ameixeiras Lavandeira e eu propio. Fotografía do poeta Modesto Fraga, que fixo de ocasional reporteiro e a quen lle agradezo a cesión das imaxes) Onte, domingo 8 de xullo, a edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia, … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Entrevistas, Estudos literarios, Fotografía, Lingua, Poesía, Presentacións | Deixa un comentario