Arquivo da categoría: Sen categorizar

Vídeo da lectura de versos pondalianos no Roteiro xeolóxico polos Penedos de Pasarela e Traba. Un zoolóxico de pedra no Paleozoico

Onte, sábado 15 de outubro, chovían lanzas (como adoitan dicir por Fisterra, aínda que con seseo lansas) e só puidemos completar un terzo do Roteiro xeolóxico polos Penedos de Pasarela e Traba. Un zoolóxico de pedra no Paleozoico (G2203008) de … Sigue lendo

Publicado en Gravacións, Memoria Literaria, Poesía, Roteiros, Sen categorizar | Deixa un comentario

Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2022

“MONCHIÑO” Dous corazóns aniñan no peito mariñeiro,un deles sempre é doce, malia ser augamarsalgada, con raíces no infinito do corpo,e o segundo de pedra, que leva arterias cordase que ancora cada home no seu lugar do mundo. De Gameleiros (2002) … Sigue lendo

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

«Dez cartas de Gonzalo López Abente aos irmáns Villar Ponte», en Grial 230

Nese mesmo último número, 230 (abril, maio e xuño do 2021) de Grial. Revista Galega de Cultura, da Editorial Galaxia, asino desta volta na sección «Documentos» a achega «Dez cartas de Gonzalo López Abente aos irmáns Villar Ponte». Facilito nun … Sigue lendo

Publicado en Documental, Epistolarios, Estudos literarios, Lingua, Manuscritos, Poesía, Sen categorizar | Deixa un comentario

Aramados, recensión de Ramón Nicolás no suplemento cultural Fugas

O crítico literario, escritor e profesor Ramón Nicolás dedícalle o seu espazo crítico Ex umbra in solem no suplemento cultural Fugas do xornal La Voz de Galicia a tres libros do catálogo de Alvarellos editora que teñen como cerne a … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Política, Recensións, Sen categorizar | Deixa un comentario

Pereiriños 229. Boletín Informativo da Biblioteca “Xosé Neira Vilas” do CEIP do Foxo

229 Publish at Calameo Tamén o Pereiriños, Boletín Informativo da Biblioteca “Xosé Neira Vilas” do CEIP do Foxo tirou do prelo un novo número, e xa van 229, para anunciar o lanzamento da reedición da novela O nariz de Fiz, … Sigue lendo

Publicado en Infantil, Narrativa, Presentacións, Sen categorizar | Deixa un comentario

Recensión a Lugar de incendios, de Paco Souto, en Grial 227

No último número, 227 (xullo, agosto e setembro do 2020) de Grial. Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo

Publicado en Arte, Manuscritos, Música, Poesía, Recensións, Sen categorizar | Deixa un comentario

Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de Francia, de Manuel García Gerpe, no programa cultural «Zigzag Diario» da tvG2

A escritora Eva Mejuto, a quen agradezo a súa atención, dedicoulle uns minutos no programa cultural «Zigzag Diario» da tvG2, que presenta Pilar García Rego ao lanzamento nestes días de Aramados: os meus nove meses polos campos de concentración de … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Historia, Memoria Literaria, Narrativa, Política, Sen categorizar, Televisión | Deixa un comentario

Entrevista coa xornalista Marta López na edición de Carballo de La Voz de Galicia con motivo do lanzamento de Aramados, de Manuel García Gerpe

A edición de Carballo do xornal coruñés La Voz de Galicia vén de publicar unha pequena entrevista que me realizou a xornalista Marta López, a quen agradezo a súa atención, con motivo do lanzamento nestes de Aramados: os meus nove … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Documental, Entrevistas, Historia, Manuscritos, Narrativa, Política, Sen categorizar | Deixa un comentario

Na «Biblioteca íntima» da revista literaria dixital BiosBardia. O país dos libros en galego: «Gustaríame ter escrito Estirpe, de Méndez Ferrín.»

Unha das bitácoras que eu considero de ineludible referencia no noso sistema literario é, sen dúbida, a revista literaria dixital BiosBardia. O país dos libros en galego, que dirixe César Lorenzo Gil «Cequelinhos», antigo xornalista do desaparecido semanario A Nosa … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Entrevistas, Narrativa, Poesía, Sen categorizar | Deixa un comentario

Unha lectura de Este é o tempo do sal, o primeiro libro de poemas de Xosé Manuel Millán Otero

No outono de 1992, nunha das recensións publicadas en A Nosa Terra, 538 (8 de outubro, 1992), coa epígrafe “A iteración da nostálxia”, ocupeime do poemario Este é o tempo do sal, de Xosé Manuel Millán Otero, poeta nado en … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Obituarios, Poesía, Premios, Recensións, Sen categorizar | Deixa un comentario