Arquivos do autor: crebas

Colaboracións en Areal. Revista Cultural de Sada nº 26 que edita a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo

(Ilustración de Carmen Castelo Monteagudo) Hai uns meses aceptei a encomenda da poeta Mercedes Leobalde, en nome da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, para lles enviar algunha colaboración para a súa revista de dilatada traxectoria. E desde hai unhas semanas … Sigue lendo

Publicado en Poesía | Deixa un comentario

«Unha poética pouco coñecida e adoito esquecida», artigo en Grial 240

No último número, 240 (outubro, novembro e decembro do 2023) de Grial. Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Poesía, Recensións | Deixa un comentario

Artigo en QPC (CIII): Buguinas poéticas en Fisterra

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta unha recensión doutro traballo monumental do poeta fisterrán Alexandre Nerium nunha nova compilación intitulada Aquén do mar. Cantos de serea … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Poesía, Roteiros | Deixa un comentario

Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024

«CARIOCA» No contorno das rías e dos mares nocturnos, como insólito Kafka, nace a metamorfose do mariñeiro insecto, co seu fanal aceso nas costas, vagalume que aínda se sorprende cando a luzada bate nos seus ollos acuosos. De Gameleiros (2002) … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Obituarios, Poesía | Deixa un comentario

Poesía contra a barbarie. A voz da muller palestina: Suheir Hammad e Dareen Tatour

Velaquí as versións de senllos poemas de Suheir Hammad e Dareen Tatour elaboradas para a lectura pública Poesía contra a barbarie. A voz da muller palestina que se vai celebrar mañá en Compostela. Outra acción máis na solidaiedade co pobo … Sigue lendo

Publicado en Poesía, Política, Versións ou traducións | Deixa un comentario

«Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte», artigo en Grial 239

No último número, 239 (xullo, agosto e setembro do 2023) de Grial. Revista Galega de Cultura, que desde hai días xa anda polas librarías, e tamén se pode adquirir desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Estudos literarios, Historia, Lendas e mitos, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Tradicións, Xornalismo | Deixa un comentario

Crónica en LVG: «Un percorrido polas cadeiras esquecidas no ocaso»

(As fotografías son da autoría de X. Carlos Rodríguez Pérez, agás a primeira do xornalista Xosé Ameixeiras) Por parte, o xornalista Xosé Ameixeiras, co pseudónimo A. Lavandeira, acompañounos toda a xornada e publicou o pasado 25 de setembro na edición … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Fotografía, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Roteiros | Deixa un comentario

Crónica en QPC: «Miro Villar debullou a espiña dorsal da súa vida»

(As fotografías son da autoría de X. Carlos Rodríguez Pérez) Ubaldo Cerqueiro publicou o pasado 26 de setembro no dixital Que Pasa Na Costa (QPC) unha crónica da xornada didáctica para profesorado G2303007 «Roteiro polos espazos vitais e literarios de … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Fotografía, Lingua, Memoria Literaria, Poesía, Roteiros | Deixa un comentario

A crónica viaxeira «De Cée a Mugía» de Francisco Mayán Fernández na revista Algo (1933)

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta para exhumar un dos primeiros artigos históricos e literarios de Francisco Mayán Fernández, o lembrado cronista de Cee que lle … Sigue lendo

Publicado en Arte, Fotografía, Historia, Roteiros | Deixa un comentario

«Do reino dos suevos ó dos bergundios». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras

(As fotografías que ilustran esta anotación son de autoría propia, agás esta do grupo de Xosé Ameixeiras) «Do reino dos suevos ó dos bergundios» foi a epígrafe da nova xeira anual organizada polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da … Sigue lendo

Publicado en Arte, Historia, Roteiros | Deixa un comentario