Arquivos mensuais: Marzo 2015

10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega (2015)

Hoxe é o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. E máis unha vez, de me ser posible, estarei ás 20 horas na compostelá Praza Roxa (denominación popular) para estarmos na manifestación do sindicalismo nacionalista que lembra a morte … Sigue lendo

Publicado en Manifestos, Obituarios, Poesía, Política | Comentarios desactivados en 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega (2015)

Recollida de sinaturas en solidariedade co escritor Erri de Luca

Nesta anotación do pasado 31 de xaneiro expresamos a nosa solidariedade co escritor italiano Erri de Luca procesado pola súa oposición ao TAV Lyon-Torino. Desde o día de onte a súa editora española, Seix Barral, está divulgando e facendo circular … Sigue lendo

Publicado en Manifestos, Narrativa | Comentarios desactivados en Recollida de sinaturas en solidariedade co escritor Erri de Luca

Poemas (LXXIV): «Irish Eyes» («Ollos irlandeses»), de Leonard Nimoy

(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño) De dicirmos que hai pouco finou o poeta Leonard Nimoy (Boston, 1931-2015) case ninguén das persoas que seguen esta bitácora sabería de quen estou a falar, mais se lembramos que se trata do … Sigue lendo

Publicado en Cinema, Fotografía, Obituarios, Poesía, Televisión, Versións ou traducións | Comentarios desactivados en Poemas (LXXIV): «Irish Eyes» («Ollos irlandeses»), de Leonard Nimoy

«Dous fíos para ensarillar nas relacións (perversas) do/a escritor/a coa lingua», a miña colaboración no Ideas

(Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Desde onte pódese ler nesta ligazón do dixital Ideas un artigo da miña autoría intitulado «Dous fíos para ensarillar nas relacións (perversas) do/a escritor/a coa lingua». Como sinalan na pestana Quen Somos? «Ideas.gal … Sigue lendo

Publicado en Ensaio, Lingua, Poesía | Comentarios desactivados en «Dous fíos para ensarillar nas relacións (perversas) do/a escritor/a coa lingua», a miña colaboración no Ideas

«Cidadán Kane», a lembranza de Xosé María Costa Lago

Ao fío da anterior anotación, Xosé María Costa Lago, a quen cito nela como o meu iniciador na lectura do xénero, envioume esta agarimosa e emotiva lembranza de Silver Kane (Francisco González Ledesma), que titulou como a marabillosa película dirixida … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Narrativa | Comentarios desactivados en «Cidadán Kane», a lembranza de Xosé María Costa Lago

Memoria Literaria (XII): Adeus a Silver Kane, un dos meus autores predilectos na mocidade

O escritor e xornalista barcelonés Francisco González Ledesma, que acadou a súa maior relevancia co pseudónimo de Silver Kane, finou onte e foron moitos os testemuños que se achegaron ao seu legado literario, porén quixera salientar un retrato publicado antes do … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Narrativa, Obituarios | Comentarios desactivados en Memoria Literaria (XII): Adeus a Silver Kane, un dos meus autores predilectos na mocidade

Detrás na néboa o felo, de Alexandre Nerium na Calaméo

Felo Ler mais publicações no Calaméo O caderno poético Detrás na néboa o felo, de Alexandre Nerium, do que xa se falou aquí, está dispoñible para a súa lectura ou a súa descarga de balde na plataforma de publicacións dixitais Calaméo.

Publicado en Poesía, Tradicións | Comentarios desactivados en Detrás na néboa o felo, de Alexandre Nerium na Calaméo